lunes, 22 de noviembre de 2021

25 de Novembro: Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller

Este ano conmemoraremos esta data co lema

💜"Alza a túa voz!"💜

Faremos pequenos carteis nos que o alumnado expresará a súa opinión poñendo unha palabra, sentimento, frase... alusivas á data.  Todos os carteis colgaranse polos corredores.

Como traballo nas aulas propoñemos:

💜Para os máis pequenos o  conto "Rosa caramelo" de Adela Turín.

 A partir do cal podedes facer as seguintes reflexións:

  • Como é o lugar donde viven os elefantes?
  • Como é o lugar onde viven as elefantas? 
  • Por que as elefantas non eran felices? 
  • Que fixo a elefanta que era diferente? 
  • Que farías ti se foses unha elefanta rosa? 
  • Que che parece o final do conto? 
  • Esperabas que rematara así? 
  • Que che gustou máis da historia? 
  • Que aprendiches con esta historia?

💜Para o resto do alumnado propoñemos reflexionar a partir destes dous vídeos,  facéndonos as mesmas preguntas que lles fan a estes/as nenos/as. Que responderiamos nós?

 
 

viernes, 12 de noviembre de 2021

Resumo do Magosto 2021. CEP Sequelo.

O pasado día 11, coincidindo coa tradicional celebración do San Martiño, celebramos o magosto no colexio. Foi un magosto diferente a outros anos. En lugar de xogos populares realizamos manualidades no patio, cada grupo burbulla no seu espazo. 

A ANPA AIDÓN foron os encargados de asar e repartir as castañas. 

Unha festa diferente, pero igualmente divertida, pasámolo xenial. Deixámosvos este vídeo para recordo. 

Se queredes consultar a información da man dos protagonistas mirade atentamente este vídeo na web do centro "Informativo Especial Magosto 2021".

Esperamos que o próximo curso xa podamos saír todos coa cara emborronada de carbón.

viernes, 5 de noviembre de 2021

"O libro dos Conxuros" Samaín 2021

Como este ano o Día das Bibliotecas pillounos casi co Samaín, aproveitamos para centrar o Samaín na tradición oral coa proposta "Contos terroríficos polo Samaín".

O alumnado de quinto foi un pouco máis alá recollendo todos estes "Esconxuros" galegos. 

👂Escoitade atentamente, hai un remedio para cada mal👂

Nunca se sabe o que pode facer falta, por se acaso...

 
Se preferides lelos con calma están todos recollidos nun libriño na biblioteca.

sábado, 30 de octubre de 2021

Resumo actividades de Samaín 2021

Deixamos varios vídeos resumo das actividades que se realizaron no colexio en colaboración coa ANPA Aidón e coa ampla participación da comunidade escolar. Moitas grazas por participar, sin a colaboración de todos este tipo de actividades non sería posible. 

👀Botádelle unha ollada👀

👻Están de medoooo!!!👻

Vídeo 1

 

Vídeo 2

Concurso de "Decoración de cabazas". Samaín 2021

Despois dunha difícil deliberación do xurado as cabazas gañadoras foron: 

  • 1º Categoría: Gabriel Soto Pazos, de 4º 
  • 2ª Categoría: Nicolás Cabada Boullosa, de 2ºA

Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos pola vosa participación, estaban todas estupendas. Fixestes que a elección do xurado fora realmente difícil.

miércoles, 27 de octubre de 2021

"Contos terroríficos polo Samaín". Samaín 2021

Publica aquí os audios ou vídeos dos teus relatos, historias, lendas... de medo ou contos terroríficos; ou ben, entrégallos ao teu profe titor/a para que os publique.

Hecho con Padlet

viernes, 22 de octubre de 2021

"Concurso de decoración de cabazas". Samaín 2021. CEP Sequelo

Neste taboleiro de "Padlet" podedes poñer as fotografías das vosas cabazas. Recordade que tendes as explicacións ao final da carta de Birlo (na entrada anterior deste blog). 

Agardámolas impacientes.

Seguro que as facedes de meeeedo!!!

Hecho con Padlet

jueves, 21 de octubre de 2021

Actividades Samaín 2021

Ola! son Birlo, como xa sabedes a mascota da biblioteca, que ando por aquí argallando cousas un ano máis.

Aquí vos deixo esta carta explicando o que o equipo de dinamización da biblioteca, o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), a ANPA e máis eu temos pensado para facer esta ano  para celebrar un Samaín de medo!!!

Lede a carta atentamente e animádevos  a participar! 

Moitas grazas! Vémonos!

miércoles, 20 de octubre de 2021

Samaín 2021 "Le sen medo"

Iniciamos as actividades de Samaín con esta selección de libros que nos propón Birlo con temas de medo. Continuando co lema "A biblioteca escolar ten a palabra" e como xa se achega o Día das Bibliotecas, Birlo proponvos que contedes historias, lendas, contos, relatos... de forma oral, así que podedes sacar ideas de todos estes libros que seleccionou.

Pasade pola biblioteca e como di o lema "Le sen medo", despois podemos contarnos uns aos outros estes terroríficos relatos, ou outros que recollades das vosas casas.

Ímolo pasar de meeeedo!!!

miércoles, 6 de octubre de 2021

Recompilación da proposta San Miguel 2021 "A danza de espadas"

Como explicamos de na entrada anterior este curso empezamos traballando unha das tradicións máis arraigadas no nosa vila a festividade de San Miguel e a danza que se baila nesta data "A danza de espadas".

Foi unha proposta que nun principio partiu da ANPA Aidón, con intención de facelo dun xeito informal, pero que nos veu moi ben para empezar a facer noso o lema elexido para as bibliotecas este curso "A biblioteca escolar ten a palabra", poñendo o foco na palabra e na oralidade.

Así que propuxemos ao noso alumnado que preguntase ao que tiña máis preto, ás fontes orais: avós, pais, amigos, veciños... recollendo toda esta información. 

Recuperamos deste xeito a utilización da biblioteca, como lugar de encontro, despois do parón do curso pasado derivado da situación producida pola COVID, e de restreno tras as obras que se realizaron a fin de curso. 

O noso agradecemento á ANPA pola súa colaboración e implicación no desenvolvemento das actividades.

Deixámosvos a recompilación de como se desenvolveu toda a proposta.

martes, 21 de septiembre de 2021

San Miguel 2021 "A danza de espadas"

Facendo noso o lema deste curso "A Biblioteca Escolar ten a palabra" empezamos as actividades propoñéndovos achegarnos  a nosa cultura, acudindo ás fontes orais para investigar unha importante tradición que forma parte do patrimonio inmaterial da nosa vila, a "Festa de San Miguel" e "A danza de espadas". 

O día 29 de Setembro de moi antigo, foi día grande en Marín. Cos cambios na sociedade é difícil poder celebralo cando é lectivo, o noso centro quere celebralo como se merece dentro das nosas posibilidades. Así que nenos e nenas animádesvos a descubrir os porqués, comos, candos e onde dunha das nosas festas máis tradicionais: 

  1. Porqué se baila con espadas?
  2. Porqué as cores branco, azul e vermello?
  3. Cantos anos se leva bailando?
  4. Que representan as distintas figuras da danza?
  5. Que instrumentos musicais se usaban tradicionalmete?
Todas estas e outras moitas que se vos ocurran. Podedes recoller os traballos no formato que queirades.

lunes, 20 de septiembre de 2021

Benvida ao curso 2021-2022

Hola nenos e nenas, benvidos a un novo curso cheo de novidades na biblioteca do CEP Sequelo: Estamos no PLAMBE que nos permitirá renovar un poco os fondos e os móbeis, ampliamos a biblioteca que agora é máis espazosa e luminosa, iniciamos un novo PDI arredor dos inventos e descubrementos que titulamos "Inventos que cambian o mundo", Birlo está ansioso por saudarvos e por ensinarvos como quedou a súa casiña... esperamos que vos guste e que disfrutedes moito con de todo isto.

Un saúdo, vémonos pronto aquí, na biblioteca.

sábado, 12 de junio de 2021

Día Mundial do Medio Ambiente "O Bricorrobot"

O pasado venres tivemos a oportunidade de observar de preto o "Bricorrobot" xunto ás explicacións que nos dou o seu propio autor, José María Viñas. 
Que mellor xeito de celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente! Esta actividade, foi seguida por todo o alumnado do colexio no patio exterior cumprindo as normas do protocolo Covid-19, o seu autor explicounos como a partir dunha idea e botando man de materiais destinados ao contedor do lixo, se poden chegar a elaborar interesantes creacións plásticas. Todos, en maior ou menor medida podemos facelo. 
Grazas, José María, polas túas explicacións. Non deixes nunca de buscar formas de expresarte, non deixes nunca de soñar!
Deixamos unhas fotos da presentación, así como de todos os traballos que realizastes ao longo da semana, conmemorando a data.
 

domingo, 30 de mayo de 2021

Día Mundial do Medio Ambiente

 
Esta semana previa ao 5 de xuño, data da celebración, imos celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. 
Ao longo da semana nas aulas faranse distintas actividades relacionadas co coidado e conservación do noso planeta.
O venres día 4, de 10 a 11.30 horas todos os grupos asistirán por quendas de 15 minutos a unha breve charla explicativa a cargo de José María Viñas, artista de vocación e autor do "BRICORROBOT", feito con material de refugallo. 

domingo, 23 de mayo de 2021

"Semana das Letras Galegas 2021"

Deixámosvos esta recompilación das actividades realizadas na "Semana das Letras Galegas 2021" dedicada a Xela Arias. (Desprazádevos para abaixo na barra lateral dereita para velas todas; clicande no cadrado para velas a pantalla completa.)