Mostrando entradas con la etiqueta Día das Persoas con Discapacidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día das Persoas con Discapacidade. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de enero de 2025

Obradoiro de Braille

 Obradoiro de Braille en 2°curso

Hoxe, e en relación ao traballo de aula 

correspondente ao coñecemento das 

diferentes linguaxes de comunicación e en relación coa inclusión, 

recibimos a Maite (mestra acompañante da ONCE),

 que nos explicou o funcionamento da lectoescritura en Braille: 

o alfabeto e como descifralo, así como a súa orixe e o procedemento para a súa escritura mediante a máquina Perkins, co que puidemos escribir cada un o noso nome.


A máquina Perkins


Moitas Grazas!!!

miércoles, 4 de diciembre de 2024

Beneficios de facer deporte: Manuel Varela.

Con motivo do Día Internacional da Discapacidade 
tivemos a visita dun antigo alumno: 
Manuel Varela, xogador do Peixe Galego.

Falounos da importancia de facer deporte dende ben cedo;
Da diferencia entre facer exercicio e facer deporte;  
Dos beneficios de facer un deporte e da súa relación co baloncesto: actualmente no Peixe Galego.


Encantados de recibirte de novo no teu antigo colexio!!!

GRACIÑAS!!


 

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 

Día Internacional da Discapacidade 2024

domingo, 11 de diciembre de 2022

Día das Persoas con Discapacidade 2022.

Este ano conmemoramos o "Día das Persoas con Discapacidade" aprendendo un pouco máis sobre as distintas linguaxes que utilizan, para facerse entender e entendernos, as persoas con discapacidades relacionadas coa fala, o oído e a vista.

Pola conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" cantamos a canción "A porta violenta", interpretando o retrouso con linguaxe de signos, achegándonos así ás persoas que non poden falar e/ou escoitar.

Posteriormente puidemos coñecer como se comunican as persoas con discapacide visual, grazas as explicacións do personal experto da ONCE, que se ocupa de ensinar a estas persoas.