Mostrando entradas con la etiqueta animación á escritura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animación á escritura. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de octubre de 2026

Cine Forum

HORA DE LER

 Último Xoves de Mes

CINEFORUM

Relacionando o PDI "Un Cole de Película" co Proxecto PLEA,
engadimos un día para o CINEFÓRUM.
Dedicaremos o último xoves de mes á Oralidade.

Libremente podedes dedicar ao cine unhas tardes de chuvia, 
sentados ante a pantalla e ben quentiños 
na casa coa familia.


Xa temos no mural do Cinefórum algúns títulos de películas, relacionadas co Samaín, para comentar nas aulas este último xoves de mes.

Pensade nalgunha suxestión de cine
  sobre películas destas datas para debater na aula.
E coa axuda dos vosos titores escribide o título 
no fotograma correspondente ao voso curso
que atoparedes no mural de Cinefórum.



Traballaremos o debate, as recomendacións lectoras ...
e o intercambio de ideas relacionadas co Cine.

Facendo extensiva unha actividade sobre o
 "Cine en Familia"
iniciada en Infantil, utilizaremos esta ficha para recordar as películas que, de forma voluntaria veremos coas nosas familias,
e logo comentaremos na clase 
o último xoves de mes no noso, 
CINEFÓRUM.

VIVA O CINE!!!

martes, 27 de octubre de 2026

Creando Contos de Medo

 Contos de Monstros 
Infantil

Animación á escritura en Infantil.
A través dun xogo de creatividade de historias, 
o alumnado de Infantil fantasea cos contos,
 inventando títulos para historietas de terror coas imaxes  das tarxetas que lles guían na redacción.

Despois de escribir ilustramos o monstro.



👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀

Obradoiro de Creatividade
Para lle perder o medo á fantasía dos monstros, 
este conto converterá o susto nunha sorpresa divertida.

Obradoiro de monstros 

Ilustración de monstros a partires da lectura dos contos.


Carabuñas


Cocorico

O gato pelado



A Bruxa Regañadentes

Animación á Lectura

VIVA O SAMAÍN!!

domingo, 25 de octubre de 2026

24 de outubro: Día das Bibliotecas

 Novos usuarios da Biblioteca

Entrega de carnés aos novos usuarios da Biblioteca e...


No Día das Bibliotecas: "Os Monstros da Universal"

 Monstros Clásicos do Cine

24 de outubro
Día das Bibliotecas 




Estes son algunhas das novidades 
que podedes atopar na nosa Biblioteca.



👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀
Obradoiro de escritura fantástica

Escribe o teu propio guión de película


sábado, 17 de octubre de 2026

Día das Escritoras de Cine

Escritoras de Medo

19 de outubro


Letreiro feito polos axudantes da Biblioteca Luís Davila do Sequelo


Aproveitando a data cercana á festa do Samaín,
 darase visibilidade a aquelas escritoras que crearon personaxes de medo:
 monstros, pantasmas… 
e que posteriormente foron levados ao cine: 



JK Rowling,
👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀



 Mary Shelley…
👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀


Jill Culton

 é unha das escritoras da historia orixinal na que se inspirou o guión da película 
"Monstros S.A."
👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀

GUIÓN DE CINE

Atréveste a escribir un breve guión 
(non máis de dúas follas) 
para unha curta de medo?

Xúntate cun algún compi 
e pasádeo de medo
 imaxinando unha historia de terror.


Gustaríache lelo o día do Samaín?


ADIANTE, 
ESCRIBE

Os compis de 3º xa comezaron 
as súas historias de medo.


Todos estes libros foron creados por mulleres escritoras.

Letras Terroríficas

martes, 29 de septiembre de 2026

Pequenos Escritores

 Escribindo un Conto

Por iniciativa propia, estes dous alumnos de 4º dedican o seu tempo de ocio a escribiren os seus primeiros libriños de contos ilustrados.

Noel e Leo escribindo os seus propios libros de contos.
Dentro de moi pouco estarán disponibles para a lectura.

Moi boa iniciativa, escritores!!

sábado, 26 de septiembre de 2026

Día Internacional das Linguas

DÍA DAS LINGUAS

Obxectivo principal desta data:
 Animar ao alumnado e as familias a aprender idiomas
 a cualquera idade.

A actual diversidade lingüística e cultural do noso colexio,
foi o motivo que nos levou a celebrar esta data,
para poñer en valor o Cine a través das distintas linguas.

En Infantil, os máis pequenos, relacionan as imaxes dos pictogramas
para adiviñar o título da película que lle corresponde a súa aula.

Coñecendo ás letras:
Cal é o título da película?






Cada aula, dende Infantil a Primaria, 
interpretará os pictogramas dunha película
 para adiviñar o título 
 e despois será traducido a outros idiomas.
 Remataremos a tarefa común facendo 
un mural común en moitas linguas.


IMAXES QUE FALAN...