Mostrando entradas con la etiqueta Emocióna-T. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Emocióna-T. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de mayo de 2022

Día do Libro 2022. "Escoitando coa imaxinación". Emocióna-T coas nosas historias.

Aquí deixamos as historias que creastes conxugando música con imaxinación e emocións. 

Todas as historias estarán recollidas nun libro que pasará a formar parte da nosa biblioteca dentro da sección "Producións Propias" para que as podades ler sempre que queirades.

miércoles, 20 de abril de 2022

Día do Libro. "Escoitando coa imaxinación"

Para conmemorar o Día do Libro, propoñémosvos unha actividade que implica audición musical e creatividade literaria: inventar historias seguindo o que nos suxire a música.

Escoitamos atentamente esta dúas obras, eleximos unha delas, e inventamos unha historia segundo o que nos suxire a música. 

Que che suxire a música? Non hai límites: Paisaxes, Momentos, Lugares, Personaxes, Situacións, Culturas, Estados de Ánimo, Debuxos, Animais, Natureza, Países, Cores, Oficios, etc.

👂Obra 1: "Danza do Sabre" do ballet "Gayaneh", compositor KHATCHATURIAN. 🎵🎵🎵🎵🎵

 

👂Obra 2: "Danza chinesa" do ballet "O Quebranoces", compositor TCHAIKOVSKY. 🎵🎵🎵🎵🎵

 
 
Adaptación da idea orixinal da profesora de música Mª Jesús Camino Rentería. Moitas grazas.