Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz 2023. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz 2023. Mostrar todas las entradas

sábado, 4 de febrero de 2023

Conmemorando o Día da Paz 2023

Despois das actividades realizadas nas aulas, os días previos;   e expostas polos corredores, o pasado día 30 conmemoramos todos xuntos o "Día da Paz", coa canción "O Progresso" e o lema: 

🕊️ "Se ti sorrís o mundo sorrirá"🕊️

jueves, 2 de febrero de 2023

Poemas de Paz 2023

Seguindo coas actividades realizadas para a conmemoración do Día da Paz 2023, o alumnado de 6º recita unha selección se poemas de Celso Emilio Ferreiro;  e un texto que eles mesmos construíron a partir do tema da auga dentro do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!,  no que nos atopamos envoltos.

miércoles, 1 de febrero de 2023

Radio Paz 2023

Polo "Día da Paz" os alumnos de 6º crearon varios programas centrados na Paz con cadansúa cuña, do que este elaborado por Uxía, Ramiro e Aylen, con Enzo e Marcos aos controles é un  exemplo.

lunes, 16 de enero de 2023

Día da Paz 2023. "O Progresso" Roberto Carlos

Recuperamos neste día unha canción xa moi antiga, pero que transmite unha mensaxe que actualmente é aínda máis necesaria recordar que cando foi un éxito aló polos anos 70.

A pesar do tempo que xa pasou desde aquela, ven moi ben para conmemorar esta data, tendo en conta ademais, que este curso estamos traballando un PDI que titulamos "Protexo o meu planeta" Protéxome eu!".

Titúlase "O Progresso", do cantautor brasileiro Roberto Carlos.

Ímola cantar en portugués, pola similitude que ten coa nosa lingua. Traballando así o plurilingüismo.

Deixamos a versión oficial, e unha versión coa letra para que a aprendades.

 
 

Letra da canción "O Progresso" en portugués