Deixámosvos, a modo de resumo, un tríptico informativo de como será a planificación e desenvolvemento do proxecto "Proxecto o meu planeta! Protéxome eu!" ao longo do curso.
Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas
martes, 11 de octubre de 2022
miércoles, 2 de octubre de 2019
Benvida ao curso 2019-2020
Ola a todos!
Un ano máis o Equipo de Dinamización da Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística dámosvos a benvida, este curso estreando proxecto "Chegamos a bo porto", un proxecto que tratará sobre o noso porto, o porto de Marín, co pretendemos coñecer a relevancia que ten na vida do pobo.
Esperamos que as actividades que vos propoñemos sexan do voso agrado e que participedes nelas co entusiasmo de anos anteriores.
Deixámos, a modo de presentación, o enlace á web onde iremos recopilando todas as actividades que fagamos; e na que xa tendes algunha actividade introdutoria para que teñades un primeiro contacto.
miércoles, 29 de mayo de 2019
Rap do Lameira
Aquí tendes a letra e a música do "Rap do Lameira" por se vos animades a aprendela enteira.
O alumnado de 6ºA cantan o "Rap do Lameira" para que todos o poidamos aprender, polo menos o retrouso.
O alumnado de 6ºA cantan o "Rap do Lameira" para que todos o poidamos aprender, polo menos o retrouso.
sábado, 2 de febrero de 2019
"Marcha Radetzky pola Paz". Día da Paz 2019
Así celebramos este ano o Día da Paz, a ritmo da coñecida "Marcha Radetzky" de J. Strauss (pai), que acompañamos con percusións corporais ao tempo que recitamos un texto alusivo á celebración. Previo ao canto colectivo o alumnado de sexto curso leu un manifesto que eles mesmos crearon.
jueves, 31 de enero de 2019
"Un río de Paz". Día da Paz 2019
Unha das actividades que realizamos para celebrar o "Día da Paz e a non Violencia" foi a realización do mural "Un río de Paz" simbolizando o noso río Lameira, que enchemos de peixiños cheos de mensaxes de PAZ; oxalá que estes peixiños descendan ata os mares e poidan levar estas mensaxes a todo o mundo.
martes, 15 de enero de 2019
Marcha Radetzky pola Paz
Este ano propoñémosvos celebrar o Día da Paz con música clasica, ao ritmo da Marcha Radetzky de J. Strauss.
Animámosvos a intentar acompañala con percusións corporais, levando o ritmo da marcha ao tempo que repetimos un texto alusivo á celebración.
Deixámosvos un video co que podedes aprender as percusións corporais e o texto que tendes que intentar repetir ao mesmo tempo.
sábado, 10 de febrero de 2018
Entroido 2018 no CEP Sequelo. XIV Obradoiro da Filloa
Un ano máis chegou o Entroido e con el o noso tradicional "Obradoiro da Filloa", na súa edición nº XIV.
Así foi como o celebramos o pasado día 8, con doces, concurso de disfraces e moita troula.
Así foi como o celebramos o pasado día 8, con doces, concurso de disfraces e moita troula.
Noraboa aos premiados no concurso de disfraces e tamén aos que non o foron polo seu esforzo e participación.
Etiquetas:
curso 2017-2018,
EDL,
entroido,
obradoiro da filloa,
proxecto,
Proxecto "Arredor do Lameira",
XIV Obradoiro da Filloa
miércoles, 31 de enero de 2018
Día da Paz 2018: "O tren da Paz"
Este ano conmemoramos o Día da Paz con esta actividade na que entre todo o colexio construímos "O tren da Paz". Cada vagón representaba un valor: compañeirismo, amor, amizade, diálogo, xenerosidade, responsabilidade, humildade, respecto, solidariedade, xustiza, igualdade; que cada clase traballou nas datas previas.
O acto consistiu nunha posta en común na que entre todos construímos o tren.
Porque a Paz non é só cousa dun día, o tren está agora exposto polos corredores así que animádevos a pasar a velo, e ver máis detidamente o traballo dos vosos compañeiros.
Etiquetas:
"O tren da Paz",
"O tren",
Andrés Do Barro,
curso 2017-2018,
Día da Paz,
Día da Paz 2018,
EDL,
proxecto,
Proxecto "Arredor do Lameira"
domingo, 14 de enero de 2018
Canción para o Día da Paz "O tren" de Andrés Do Barro
Este curso para celebrar o Día da Paz imos construír o "Tren da Paz" a carón do río Lameira, é nada mellor que unha coñecida canción galega que fala de trens e ríos "O tren" do interpréte Andrés Do Barro.
Partindo desta coñecida, noutro tempo, canción; entre o alumnado de 5º e 6º intentaremos facer unha letra axeitada ao noso río e á celebración da data.
Aquí vos queda a versión orixinal, cantada polo devandito intérprete, que ademais foi banda sonora dunha película dirixida por Mariano Ozores en 1971 e protagonizada tamén polo cantante, titulada "En la red de mi canción".
P
Etiquetas:
"O tren",
Andrés Do Barro,
curso 2017-2018,
Día da Paz,
Día da Paz 2018,
EDL,
proxecto,
Proxecto "Arredor do Lameira"
viernes, 3 de noviembre de 2017
Contos de seres mitolóxicos. 5ºA
Despois da recopilación de información sobre os seres mitolóxicos que habitan os ríos galegos, que recollemos na entrada anterior. O alumnado de 5º A atreveuse a crear os seus propios contos con estes seres como protagonistas, situándoos moi pretiño de nós. Animádevos a lelos e que non vos den moito medo.
jueves, 2 de noviembre de 2017
Exposicións orais "Seres mitolóxicos dos ríos"
Se non temos moito tempo para ler, tamén podemos escoitar as explicacións que destes seres mitolóxicos nos fan: Brais, Nadia, Sofía, Yara e Martín.
miércoles, 1 de noviembre de 2017
Seres mitolóxicos galegos. 5ºA
Recopilación de seres mitolóxicos que habitan nos ríos galegos, realizada polo alumnado de 5ºA.
miércoles, 18 de octubre de 2017
Samaín 2017: Lendas e seres mitolóxicos dos ríos.
Xa se achega o Samaín, seguindo a tradición de cursos pasados este curso imos descubrir as lendas e seres mitolóxicos que se atopan arredor dos ríos; non podía ser doutro xeito, xa que con esta actividade iniciamos o noso proxecto "Arredor do Lameira". Quen sabe se no río Lameira, tan pretiño de nós, atopamos algunha lenda ou quizais por aquí habite algunha areana, xacia, lavandeira, feiticeira...?
Aquí deixamos algunhas páxinas onde podemos atopar lendas e información sobre todos eses seres que habitan nos ríos.
Imaxe: http://chezmanima.c.h.pic.centerblog.net/8f8f4bfb.gif
- Web "Galicia encantada" na categoría adicada ás augas.
- Web "A vida nos ríos galegos" na páxina "Os ríos son lendas".
- Traballo realizado polo alumnado de 1º e2º da ESO do IES Felix Muriel de Rianxo: "Seres mitolóxicos galegos"
- Na web "Bluscus. Turismo marinero" atopamos esta lenda do río Úmia.
- Nesta web de turismo atopamos a "Lenda da cascada do río de Anos".
- Fadas de auga: No blog "Zona de leyendas" atopamos o artigo "Hadas de agua".
- Web "Seres fantásticos mitología y algo más" o artigo "Hadas de agua".
viernes, 19 de junio de 2015
Premios aos gañadores do concurso "Que sabes da historia do libro?"
Os gañadores do concurso "Que sabes da historia do libro?"
- Carlos De la Torre Aboal__3ºA
- Miguel Suárez Rey__3ºB
- Pedro Abrokwah Solla__4ºA
- Pedro Ares Touriño__4ºA
- Iago Nestar Bueno__4ºB
- Alfonso Mera Landín__4ºB
miércoles, 17 de junio de 2015
O noso libro sobre a historia do libro "Do papel á nube"
Neste libro quedou recollida a liña do tempo sobre a historia e evolución do libro "Do papel á nube" que fixemos entre todo o alumnado do centro; e así nolo resumiron os nenos e nenas de 2ºB.
sábado, 9 de agosto de 2014
miércoles, 11 de junio de 2014
"Feliz Aniversario" CEP Sequelo
Non hai aniversario sen canción, sen tarta, sen velas e sen pedir algún bo desexo; isto é o que nos faltaba para rematar o Aniversario é o noso PDI. Disto todo encargouse a profesora de Relixión Dona Inés; facendo unha xigantesca tarta que os nen@s adornaron cos seus bos desexos para polo menos outros 40 anos.
O alumnado de 3º curso cantou unha versión adaptada ao noso cole e traducida ao galego da coñecida "Feliz Aniversario".
Etiquetas:
40 aniversario CEP Sequelo,
40 anos de escola,
curso 2013-2014,
proxecto,
proxecto 40 anos de escola,
traballos do alumnado,
video
sábado, 7 de junio de 2014
Visitas a Exposición "40 Anos de Escola"
As visitas a exposición de todo alumnado foron a posta en común final de todo o proxecto.
Pouco a pouco todos os cursos do colexio, así como os pais do noso alumnado e antigos alumnos foron pasando pola nosa exposición. Moi loable a labor dos nos@s guías da exposición que lograron sobrepoñerse aos nervios e fixérono así de ben explicando e respondendo ás preguntas dos seus compañeir@s e demais visitas.
jueves, 5 de junio de 2014
A celebración do 40 Aniversario na prensa.
Así vimos refletida a inauguración da nosa exposición "40 Anos de Escola" e a celebración oficial do 40 Aniversario do colexio na prensa local.
miércoles, 4 de junio de 2014
Apertura da Exposición "40 Anos de Escola"
Despois de moito traballo por parte de toda a comunidade escolar onte inauguramos a Exposición "40 Anos de Escola", culminación do proxecto que estivemos a traballar durante todo o ano e acto principal na celebración do 40 Aniversario do CEP Sequelo. Grazas a todos os antigos mestres, antigos alumnos e a toda a comunidade escolar por compartir con nós este día tan especial.
Aquí deixamos un resume de como quedou a exposición e de como foi a inauguración.
Recordade que podedes visitala durante os próximos quince días.
Aquí deixamos un resume de como quedou a exposición e de como foi a inauguración.
Recordade que podedes visitala durante os próximos quince días.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)



