Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín
viernes, 24 de octubre de 2025
Contos e Novidades para Ler
NOVIDADES
viernes, 7 de febrero de 2025
Maleta da Igualdade
Igualdade e Literatura
Na aula de 2°dispoñen dunha maleta de literatura
que fomenta a igualdade.
Un recurso idóneo para desenvolver os
Proxectos de Inclusión Educativa ( Benestar e Convivencia) e
Leo-Lab que están levando a cabo".
Biblioteca de Aula
viernes, 1 de marzo de 2024
8 de MARZO. Día da Muller.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
8 de MARZO
Día da Muller
O CONCELLO DE MARÍN DEDICA O DIA DA MULLER ÁS:
CÓMIC DE MANUELA BARREIRO
feito polo alumnado de 5º.
Manuela Barreiro es la primera mujer licenciada en la Universidad de Santiago de Compostela. Fue en 1901 cuando consiguió su título de Farmacia.
Debido a las limitaciones impuestas a las mujeres en aquella época, tuvo que
pedir permiso para matricularse en la carrera y, más adelante, para ejercer su
profesión.
A Manuela se la recuerda por su enérgica lucha para que las mujeres pudiesen estudiar
y dedicarse a profesiones vetadas por aquel entonces. Tras
licenciarse abrió su propia farmacia en Ribadeo, que permaneció en activo hasta
1933, dos años después de jubilarse.
viernes, 23 de febrero de 2024
martes, 9 de enero de 2024
Recomendacións lectoras xaneiro 2024
Continuando coa ilusión de descubrir novas aventuras nos libros...
Daniel e Raúl de 6º propuxeron
uns títulos novos para o fondo documental de 3º ciclo.
Tamén os compañeiros de 6º
Gabriel, Inara e Álvaro
vos animan coa lectura de:
martes, 28 de febrero de 2023
Día Internacional da Muller 2023. Mulleres que protexen e coidan o noso planeta
Este ano seguindo a temática do PDI "Protexo o meu planeta!, Protéxome eu!" imos investigar sobre mulleres que dedican a súa vida a protexer o noso planeta coa defensa do medio ambiente en distintos ámbitos: vida animal, defensa dos océanos, desenvolvemento sostible, activistas polo cambio climático...
Sabedes quen son e que fan (ou fixeron) estas mulleres: Jane Goodall, Berta Cáceres, Rachel Carson, Dian Fossey, Wangari Maathai, Greta Thunberg...
- Documental RTVE: Mulleres activistas polo medio ambiente
- Páxina de Iberdrola: As mulleres e a súa loita por protexer o medio ambiente
- Revista Muy Interesante: Mulleres defensoras do medio ambiente
- Páxina Welife: As 7 defensoras do medio ambiente máis influintes da historia
lunes, 9 de enero de 2023
Recomendacións lectoras PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"_2
Fondos cos que contamos na biblioteca para traballar a segunda parte do PDI "Protexo o meu planeta!", que estaremos traballando ao longo de todo o segundo trimestre.
martes, 20 de diciembre de 2022
Guías de Lectura en Galego (E. Primaria)
lunes, 19 de diciembre de 2022
Contacontos "A cebra Camila"
Moi agradecidos á profe Andrea pola axuda na preparación da sesión.
jueves, 20 de octubre de 2022
Recomendacións lectoras PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"_1
Fondos cos que contamos na biblioteca para traballar a parte do PDI "Protéxome eu!", que estaremos traballando ao longo de todo o primeiro trimestre.
miércoles, 19 de octubre de 2022
1ª Recomendacións lectoras. Alumnado de 6º curso.
Chegan as primeiras recomendacións lectoras do noso alumnado.
O alumnado de sexto curso recomenda as súas lecturas favoritas aos seus compañeiros e compañeiras.
Marcos Patiño recomenda "A contar ovellas" de Elvira Pérez.
jueves, 7 de abril de 2022
Recomendacións lectoras Proxecto Edukasano "O Camiño de Santiago. Camiño Portugués"
Por se antes ou despois de visitar algúns dos lugares do Camiño de Santiago vos apetece coñecer un pouco máis, ou simplemente queredes disfrutar dalgunha aventura de ficción relacionada co Camiño, na biblioteca tendes á vosa disposición todos estes libros.
martes, 1 de marzo de 2022
Recomendacións lectoras "Día Internacional da Muller 2022"
Como se achega o Día Internacional da Muller 2022, desde a Biblioteca deixámosvos esta selección de lecturas nas que poderedes comprobar que sempre houbo mulleres que destacaron en distintos eidos da cultura, aínda que non se lles daba o recoñecemento que merecían.
lunes, 31 de enero de 2022
Fondos documentais para o PDI "Inventos que cambian o mundo"
Para seguir coas propostas de traballo do PDI "Inventos que cambian o mundo" para o segundo trimestre tendes dispoñibles na biblioteca estes fondos documentais.
Pasade por alí para consultalos.
jueves, 16 de diciembre de 2021
Recomendacións lectoras
Un ano máis e grazas ao traballo da Coordinadora de EDLG do Morrazo chégannos estas recomendacións de lecturas. A nosa mascota da biblioteca, Birlo, xa lles botou unha ollada e asegura que atopou libros moi "chulos". Mesmo pensa que sería unha estupenda idea engadir algún título á carta que lle escribamos aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador.
Que mellor xeito de empezar un novo ano que lendo un bo libro!
miércoles, 20 de octubre de 2021
Samaín 2021 "Le sen medo"
Iniciamos as actividades de Samaín con esta selección de libros que nos propón Birlo con temas de medo. Continuando co lema "A biblioteca escolar ten a palabra" e como xa se achega o Día das Bibliotecas, Birlo proponvos que contedes historias, lendas, contos, relatos... de forma oral, así que podedes sacar ideas de todos estes libros que seleccionou.
Pasade pola biblioteca e como di o lema "Le sen medo", despois podemos contarnos uns aos outros estes terroríficos relatos, ou outros que recollades das vosas casas.
Ímolo pasar de meeeedo!!!
jueves, 16 de septiembre de 2021
O Papagaio Dixital
Para ir abrindo boca e retomar o hábito de ler, lembrámosvos que desde o curso pasado tendes a vosa disposición a revista "O Papagaio" en versión dixital. Se non lembrades o contrasinal pedídello aos vosos titores.
Podedes acceder á web de "O Papagaio Dixital" premendo neste enlace ou na imaxe que tendes na columna dereita deste blog.


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)










