O alumnado de infantil cubrindo os libros que van lendo, da selección da bibloteca que fixo a súa profe Andrea.
Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín
O alumnado de infantil cubrindo os libros que van lendo, da selección da bibloteca que fixo a súa profe Andrea.
Celebramos o 21 de marzo, "Día Internacional da Poesía 2023" coa actividade "Xogando coa poesía".
Nos recreos dos días 20 a 24 de marzo o salvoconduto para poder entrar á biblioteca nos recreos foi: Inventar un contrasinal en forma de pareado; algúns compañeiros e compañeiras incluso se atreveron a recitalo en voz alta.
Outra forma de "Escribir a Biblioteca Escolar", esta vez con pareados.
Dedicamos a Semana da Prensa 2023, do 6 ao 10 de marzo, seguindo o tema do noso PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!", a buscar noticias relacionadas co noso planeta, ben fosen para ben ou para mal.
Recollémolas nun gran mural á entrada da biblioteca.
Recompilación de traballos realizados polo Día Internacional da Muller 2023. Premede na imaxe para ver o vídeo.
Esta semana, coincidindo co "Día Internacional da Muller" tivemos a sorte de que unha mamá técnico-forestal, viñese ao noso colexio para colocar dúas caixas-niño nas árbores que rodean o centro.
Ademais esta actividade sirveunos tamén para:
Previamente, os nenos/as de Infantil, fixeron uns comedeiros con laranxas. Esperemos que aniñen os paxariños!
Moitas grazas pola visita, aprendemos moito, seguiremos facendo mais comedeiros e coidaremos o monte.
Ademais das mulleres citadas na entrada anterior, tamén hai mulleres cercanas a nós que diariamente, co seu traballo protexen e coidan o noso entorno, e deste xeito protéxennos a nós e o noso planeta.
Por iso dedicaremos esta data ás nosas mulleres (nais, aboas, familiares, coñecidas…) coñecedoras dos nosos campos, cultivos, xardíns, montes, medio ambiente… (desde traballadoras do campo, ou coidadoras do seu xardín ata inxeneiras forestais ou especialistas en medioambiente) que nos virán contar a súa experiencia.
Este ano seguindo a temática do PDI "Protexo o meu planeta!, Protéxome eu!" imos investigar sobre mulleres que dedican a súa vida a protexer o noso planeta coa defensa do medio ambiente en distintos ámbitos: vida animal, defensa dos océanos, desenvolvemento sostible, activistas polo cambio climático...
Sabedes quen son e que fan (ou fixeron) estas mulleres: Jane Goodall, Berta Cáceres, Rachel Carson, Dian Fossey, Wangari Maathai, Greta Thunberg...
Neste terceiro Kopa Deportes trouxemos como invitado especial a Manuel González García, adestrador do Marín Futsal que amablemente contestou a tódalas preguntas que tiñamos preparadas para el.
Celebramos o Entroido facendo comparsas, desfilando polas rúas de Marín e actuando na alameda coas cancións que crearon coa temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
Un ano máis, ao chegar o Entroido, facemos protagonista á nosa "Raíña do Entroido", a filloa.
Este Entroido correspondería o "XIX Obradoiro da Filloa", foi un obradoiro de filloas distinto, no que todo o alumnado participou na realización das mesmas, misturando, batendo e cociñando; poñendo en valor, a importancia que ten facer as cousas por nós mesmos. Todo isto baixo a atenta supervisión da profe Belén, e a axuda de Mari.
Está actividade, enmárcase no CPInnova (EDUsaúde e EDUsostibilidade), e o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
A realización da actividade foi posible grazas oa material aportado pola participación no Proxecto "Polos Creativos", iniciado este curso.
O "Ateneo Santa Cecilia" en colaboración co Concello de Marín, están a traballar para que o tradicional "Enterro da Sardiña" sexa declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.
Pois para que nos enteremos un pouquiño mellor da historia antiga e recente deste "enterro", tivemos unha charla divulgativa impartida por Lois González e Celso Méndez, do Ateneo Santa Cecilia.
Polo Día Mundial da Radio 2023 participamos en "Escolas nas Ondas" cos programas de radio realizados para o Día da Paz 2023.
Primeira Emisión de Kopa Deportes o primeiro programa deportivo da Radio Sequelo, realizado polos alumnos de 6º nun día moi especial, o día mundial da radio. Un programa que nace para perdurar e como eles din na súa cuña. ESCOITA XA!!
Este ano no Entroido quixemos recuperar a tradición de facer comparsas e cantar as típicas cancións "cun toque crítico e cómico"; para o que por ciclos reescribimos varias cancións coñecidas, facendo alusión ao PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
Demostrando así que a nosa lingua é igual de válida que o inglés para facer música pop.
Infantil e primeiro ciclo, preferiron a nosa música tradicional, crearon unha letra para a melodía tradicional galega "A miña Rosiña", como "Que bonito o monte!".
O terceiro ciclo versionou a canción "Made you look" de Meghan Trainor, como "Vou reciclar". Tratando o tema da importancia do recliclaxe na roupa.
Vídeo da canción coa letra orixinal
O segundo ciclo versionou a canción "Dance monkey" de Tunes and I, como "Aire dance". Tratando a tema da importancia da contaminación do aire.
Infantil e primeiro ciclo, crearon unha letra para unha melodía tradicional galega "A miña Rosiña", como "Que bonito o monte!". Tratando o tema da importancia de coidar os nosos montes, ríos e mares.
Como actividade enmarcada dentro do PDI "Protexo meu planeta! Protéxome eu! realizamos a primeira actividade que ten que ver co Entroido.
Nada mellor para iniciar un entroido seguro e responsable que un Obradoiro impartido polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia sobre "Consellos para un entroido seguro e sen riscos"
O alumnado de 5º curso, despois de atender as explicacións e consellos, realizou unha máscara.
Xa temos aquí o Entroido 2023, así que o Sequelo vístese de entroido; polo que, sen esquecer a temática do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu", propoñémosvos para a semana do 13 ao 17 celebralo co "Mandadiño: Recicliño". Así que, estade atentos ao que vos propón para cada día da semana.
Aquí vos quedan os mandatos "Recicliños" para cada día da semana. Recordade que en entroido tamén se pode Reutilizar, Reducir e Reciclar.
Luns: Cun pano da túa nai, convírtete en "Superman".🦸♂️
Martes: Fai un gorro de papel, ti serás un bo grumete. ⛵
Mércores: E metade de semana, vente coa cara pintada.🤡
Xoves: Xa me quedo sen ideas, disfrazate como queiras. 👨🍳🕵️🧙🧛
Venres: Día grande hoxe será, por Marín desfilarás.
O venres 17 celebraremos un desfile de comparsas polas rúas de Marín, as comparsas cantarán na alameda, rematando á chegada ao colexio con degustación de postres típicos de Entroido.
Despois das actividades realizadas nas aulas, os días previos; e expostas polos corredores, o pasado día 30 conmemoramos todos xuntos o "Día da Paz", coa canción "O Progresso" e o lema:
🕊️ "Se ti sorrís o mundo sorrirá"🕊️