Mostrando entradas con la etiqueta día internacional das persoas con discapacidade 2021. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día internacional das persoas con discapacidade 2021. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de diciembre de 2021

Inventos que facilitan a vida das persoas con discapacidade

Conmemoramos o 3 de decembro o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade" investigando un pouco sobre os inventos que facilitan a vida a estas persoas, seguindo co noso PDI "Inventos que cambian o mundo".

Con todos os que atopamos fixemos un gran mural, e aprendimos como todos estes inventos, descubrementos e tecnoloxías fan máis fácil que o día a día destas persoas; e a importancia de seguir investigando para que estas persoas melloren a súa calidade de vida.

 Tamén recordamos algunhas das frases que nos deixou na súa entrevista, o pasado 20 de outubro,  a atleta paralímpica Susana Rodríguez Gacio. 

miércoles, 1 de diciembre de 2021

3 de decembro: "Día Internacional das Persoas con Discapacidade"

Este ano conmemoramos o "Día Internacional das Persoas con Discapacidade" traballando os "Inventos que cambian a vida das persoas con discapacidade" en relación co PDI "Inventos que cambian o mundo.

Deixamos varias webs nas que podedes atopar información sobre algúns inventos, descubrimentos e tecnoloxías que fan máis fácil a vida destas persoas.