Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto "Arredor do Lameira". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto "Arredor do Lameira". Mostrar todas las entradas

miércoles, 29 de mayo de 2019

Rap do Lameira

Aquí tendes a letra e a música do "Rap do Lameira" por se vos animades a aprendela enteira.



O alumnado de 6ºA cantan o "Rap do Lameira" para que todos o poidamos aprender, polo menos o retrouso.

miércoles, 3 de abril de 2019

Día do libro 2019: "Contos cooperativos"

Achégase o "Día do Libro" e mascota da biblioteca, Birlo, quere propoñervos algo, este ano crear "Contos cooperativos". Preguntarédesvos que é iso???.
Coma sempre deíxavolo todo ben explicado na seguinte carta.


domingo, 3 de marzo de 2019

Celebrando o entroido. "XV Obradoiro da Filloa"

Un ano máis celebramos o entroido con doces típicos, disfraces relacinados cos proxectos que estamos traballando este curso (robótica e o río Lameira), concurso de disfraces, música e moito ambiente neste "XV Obradoiro da Filloa".

sábado, 2 de febrero de 2019

"Marcha Radetzky pola Paz". Día da Paz 2019

Así celebramos este ano o Día da Paz, a ritmo da coñecida "Marcha Radetzky" de J. Strauss (pai), que acompañamos con percusións corporais ao tempo que recitamos un texto alusivo á celebración. Previo ao canto colectivo o alumnado de sexto curso leu un manifesto que eles mesmos crearon.

jueves, 31 de enero de 2019

"Un río de Paz". Día da Paz 2019

Unha das actividades que realizamos para celebrar o "Día da Paz e a non Violencia" foi a realización do mural "Un río de Paz" simbolizando o noso río Lameira, que enchemos de peixiños cheos de mensaxes de PAZ; oxalá que estes peixiños descendan ata os mares e poidan levar estas mensaxes a todo o mundo.

martes, 15 de enero de 2019

Marcha Radetzky pola Paz

Este ano propoñémosvos celebrar o Día da Paz con música clasica, ao ritmo da Marcha Radetzky de J. Strauss.
Animámosvos a intentar acompañala con percusións corporais, levando o ritmo da marcha ao tempo que repetimos un texto alusivo á celebración.
Deixámosvos un video co que podedes aprender as percusións corporais e o texto que tendes que intentar repetir ao mesmo tempo.



jueves, 13 de diciembre de 2018

Poemas Arredor do Lameira

Durante o mes de novembro estivemos traballando a poesía seguindo a proposta da Asesoría de Bibliotecas para celebrar este ano o Día das Bibliotecas "Poéticas diversas na biblioteca escolar". 
Nós eleximos como tema das nosas creacións poéticas o río Lameira, como traballo dentro do Prorxecto iniciado o cursos pasado "Arredor do Lameira".
Aquí vos quedan as poesías que creastes, algunhas da vosa propia invención e outras a partir de poemas coñecidos.

viernes, 7 de diciembre de 2018

Concurso de Tarxetas de Nadal 2018

Xa se achega o Nadal, e como cada ano no colexio empezamos a celebración destas datas co clásico concurso de Tarxetas de Nadal, este ano ademais propuxémosvos compoñer un pareado co que felicitar estas festas. Aquí podedes ver as tarxetas finalistas e gañadoras. 

lunes, 12 de noviembre de 2018

Exposición "Poéticas diversas"

Como xa sabedes o tema deste curso para celebrar o Día das Bibliotecas é "Poéticas diversas na Biblioteca escolar".
Con tal motivo na biblioteca do centro tendes unha exposición de libros de poesía que podedes visitar e ler cos vosos alumnos durante este mes de novembro.
Como actividade posterior os equipos de Dinamización de Biblioteca e Dinamización Lingüística,  propoñémosvos que vos animedes a facer creacións poéticas, tomando como modelo unha poesía que vos guste e adaptándoa á temática do noso proxecto “Arredor do Lameira”.
Con todos os poemas recollidos elaboraremos o noso propio libro “Poemas Arredor do Lameira”.