Blog da Biblioteca e Dinamización Lingüística do CEIP Plurilingüe Sequelo-Marín
martes, 30 de enero de 2024
Navegando pola Paz 2024
sábado, 4 de febrero de 2023
Conmemorando o Día da Paz 2023
Despois das actividades realizadas nas aulas, os días previos; e expostas polos corredores, o pasado día 30 conmemoramos todos xuntos o "Día da Paz", coa canción "O Progresso" e o lema:
🕊️ "Se ti sorrís o mundo sorrirá"🕊️
lunes, 16 de enero de 2023
Día da Paz 2023. "O Progresso" Roberto Carlos
Recuperamos neste día unha canción xa moi antiga, pero que transmite unha mensaxe que actualmente é aínda máis necesaria recordar que cando foi un éxito aló polos anos 70.
A pesar do tempo que xa pasou desde aquela, ven moi ben para conmemorar esta data, tendo en conta ademais, que este curso estamos traballando un PDI que titulamos "Protexo o meu planeta" Protéxome eu!".
Titúlase "O Progresso", do cantautor brasileiro Roberto Carlos.
Ímola cantar en portugués, pola similitude que ten coa nosa lingua. Traballando así o plurilingüismo.Deixamos a versión oficial, e unha versión coa letra para que a aprendades.
domingo, 31 de enero de 2021
"Viraventos pola Paz". Día da Paz 2021
Este ano conmemoramos o Día da Paz e a non Violencia traballando a letra desta cantiga con música de Suso Vaamonde e letra de Xosé Neira Vilas. O noso alumnado encheu os viraventos de mensaxes de Paz que agardamos lleguen levados polo vento a todo o mundo.
jueves, 21 de enero de 2021
Día da Paz 2021
Este ano celebraremos o "Día da Paz" o próximo día 29 de xaneiro coas seguintes actividades:
- Faremos "Viraventos pola Paz", nos que escribiremos as nosas mensaxes de paz.
- Traballaremos, na semana previa, a letra da canción "Cantarela dos nenos" de Suso Vaamonde, que forma parte do libro "Cantarolas para xente miuda".
Deixamos o vídeo coa canción e a letra:

