Mostrando entradas con la etiqueta ANPA Aidón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANPA Aidón. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de diciembre de 2022

"Nadal no cole". Nadal 2022, CEIP Sequelo

Dentro das actividades que forman parte do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!, propuxémonos decorar o cole no Nadal, todo con materiais reciclados e feitos polo noso alumnado. 

Aquí vos deixamos unha pequena mostra:

  • Tradicional concurso de "Tarxetas de Nadal" co lema do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!.
  • Manualidades creadas a partir de diversos materiais reciclados: Belén con cortizas, anxos con rolos, árbore de Nadal con cartóns de ovos.
  • Actividade proposta pola ANPA Aidón "Adornos navideños con caixas".

🎅🎄🎇Demostrando así que un Nadal sostible tamén é posible🎇🎄🎅 

Bo nadal!!!

domingo, 20 de noviembre de 2022

Magosto 2022

O pasado día 11 de novembro, celebramos o tradicional Magosto no CEIP Sequelo. 

O día presentouse estupendo, facendo honra ao tradicional "veranillo de San Martiño",  houbo xogos tradicionais e castañas a fartar. 

Mentras os nenos e nenas xogaban cos mestres, a ANPA Aidón ocupouse de asar as castañas.

Por certo o xogo do "trompo", resultou todo un éxito; a ver se o recuperamos e como di o refrán volvemos a ver "polo San Martiño trompos ao camiño".

Que máis se pode pedir!!! Qué ben o pasamos!!!

martes, 1 de noviembre de 2022

Samaín 2022 no CEIP Sequelo

Deixamos un pequeno vídeo resumo das actividades de Samaín 2022 que se realizaron no colexio en colaboración coa ANPA Aidón e coa ampla participación da comunidade escolar. 

Moitas grazas pola vosa implicación, sin a colaboración de todos este tipo de actividades non sería posible. 

👀Botádelle unha ollada👀

👻Pasámolo de medoooo!!!👻



E tamén este conto de medo que os compañeiros de 3º prepararon axudou a que o Samaín se vivise con máis arrepío.







miércoles, 22 de diciembre de 2021

Despedida do trimestre. Nadal 2021

 Como despedida do trimestre, tivemos varias actividades:

  • Un contacontos para o alumnado de 1º a 4º, por xentileza do Concello de Marín. 
  • A visita de Papá Noel e chocolatada grazas á ANPA AIDÓN.

sábado, 30 de octubre de 2021

Resumo actividades de Samaín 2021

Deixamos varios vídeos resumo das actividades que se realizaron no colexio en colaboración coa ANPA Aidón e coa ampla participación da comunidade escolar. Moitas grazas por participar, sin a colaboración de todos este tipo de actividades non sería posible. 

👀Botádelle unha ollada👀

👻Están de medoooo!!!👻

Vídeo 1

 

Vídeo 2

Concurso de "Decoración de cabazas". Samaín 2021

Despois dunha difícil deliberación do xurado as cabazas gañadoras foron: 

  • 1º Categoría: Gabriel Soto Pazos, de 4º 
  • 2ª Categoría: Nicolás Cabada Boullosa, de 2ºA

Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos pola vosa participación, estaban todas estupendas. Fixestes que a elección do xurado fora realmente difícil.

jueves, 21 de octubre de 2021

Actividades Samaín 2021

Ola! son Birlo, como xa sabedes a mascota da biblioteca, que ando por aquí argallando cousas un ano máis.

Aquí vos deixo esta carta explicando o que o equipo de dinamización da biblioteca, o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega), a ANPA e máis eu temos pensado para facer esta ano  para celebrar un Samaín de medo!!!

Lede a carta atentamente e animádevos  a participar! 

Moitas grazas! Vémonos!