Mostrando entradas con la etiqueta día da biblioteca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da biblioteca. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de octubre de 2024

"As aventuras de Pepiño": Iniciación ao Teatro

"AS AVENTURAS DE PEPIÑO"

 Día das Bibliotecas

Co gallo do Día das Bibliotecas,
 o curso de 2º recreou un conto feito por eles.

Despois do Obradoiro de creación do conto que a titora Noemí levou a cabo, a clase de 2º decorou cos seus debuxos o escenario e estreáronse como artistas na Biblioteca.
Os cursos de Infantil, 1º e 3º fixeron de público.







ENCANTOUNOS!!!

lunes, 12 de octubre de 2020

Día das Bibliotecas 24 de outubro

A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2020. "A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir. 

Nós este curso imos tratar sempre de estar sempre ao voso carón ofrecendo recursos, información e apoio.

Imos empezar pois con algo que vos gusta "Actividades para celebrar o Samaín". Estade atentos!!!

martes, 5 de noviembre de 2019

Biblioteca escolar "Viveiro de Cidadanía"

Biblioteca escolar "Viveiro de Cidadanía" este é o  lema que a Dirección Xeral de Recursos Humanos propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020. 
A causa do Samaín a nosa exposición retrasouse un pouco, pero aquí tendes a nosa selección que estará á vosa disposición durante gran parte do curso escolar, incorporando outras novidades que nos vaian chegando.
Esperamos que nos sirvan para fomentar valores que nos aprendan a convivir uns cos outros.


sábado, 26 de octubre de 2019

Contacontos no Día das Bibliotecas

Con motivo do Día das Bibliotecas o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º tiveron unha sesión de contacontos. O  conto para 3º e 4º titulábase "Iván o Tarzán de goma" e o de 1º e 2º "O cociñeiro Martiño". 
Clicando nas fotos ou no título, tendes acceso á galería de fotos, por se queredes recordar o ben que o pasastes.

 https://photos.app.goo.gl/5P3P5cuzaiHD66rn9

https://photos.app.goo.gl/5P3P5cuzaiHD66rn9



domingo, 20 de octubre de 2019

Día das Bibliotecas, 24 de outubro

"Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"
Este é o lema quea Dirección Xeral de Recursos Humanos propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020.
Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema.

martes, 25 de octubre de 2016

Día das bibliotecas 2016. Visitando a exposición e buscando información

Durante toda a semana os distintos cursos foron a visitar a exposición relacionada co tema proposto este ano "Biblioteca escolar, territorio das artes". 
Así de interesados se mostraron os nenos e nenas de 3º A para completar o seu cuestionario.

lunes, 24 de octubre de 2016

Día das bibliotecas 2016.

Cando visitedes a exposición intentade completar este cuestionario, todas as respostas están nos libros expostos; tamén pode ser unha axudiña algúns dos enlaces propostos entrada anterior.
Enlace ao cuestionario: 
https://drive.google.com/file/d/0B3l6Iwhe8R6HTEdKakdNY1lFRUE/view?usp=sharing


miércoles, 5 de octubre de 2016

Benvida ao curso 2016-2017, celebrando o Día das Bibliotecas co lema "Biblioteca escolar, territorio das artes"

Como cada ano iniciamos o novo curso celebrando o Día da Biblioteca o próximo 24 de outubro, este ano o lema proposto é "Biblioteca escolar, territorio das Artes"


“Biblioteca escolar, territorio das Artes” convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).

Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.

A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  

miércoles, 15 de octubre de 2014

Día da Biblioteca. "Biblioteca escolar... matemático!!!"

Seguindo o lema elexido este curso para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) deixámosvos algúns enlaces a páxinas que a través lecturas, xogos e mesmo algún chiste poden despertar o interese polas matemáticas. Que vos divirtades!!!
Ao mellor seguindo os exemplos propostos animádesvos a crear as vosas propias producións.