sábado, 27 de junio de 2026

Inauguración do ascensor do Sequelo

  Inauguración oficial do ascensor

Por fin inauguramos o ascensor do noso colexio,

 unha importante adaptación do edificio

 con melloras de inclusión,

que facilita o acceso á primeira planta 

de toda a comunidade educativa.


Para a inauguración foi invitado o ex alumno Diego Soage.

Grazas Diego 
por acompañarnos neste día. 


viernes, 19 de junio de 2026

Festival de Fin de Curso

FESTIVAL FIN DE CURSO 2025-26


Un festival cargado de moitas emocións e aplausos 
que o alumnado do CEIP SEQUELO compartiu 
con toda a comunidade escolar.

Tivemos a visita dalgunhas titoras xubiladas: María e Menchi,
 que na entrega de diplomas aos máis lectores da Biblioteca,
 ou durante a entrega de orlas na graduación de 6º de Primaria, 
axudaron nos actos coma en cursos anteriores.

Bailes, Cancións...


Vídeos para o recordo visionados durante a graduación de Infantil, Poemas en inglés....

...e varias cancións a coro de todo o colexio. 

As cancións máis significativas relacionadas co proxecto deste curso, "Cóntame un Conto".

Estes foron algúns dos momentos máis animados do festival:





😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀😀

Despois da música e os bailes entregáronse os premios ás máis lectoras da Biblioteca "Luís Davila" do Sequelo.

A profesora Menchi, axudounos na entrega de diplomas
 recordando os seus días de dedicación á nosa Biblioteca.

Ainara Portabales Pontevedra de 2º de Primaria foi a máis lectora da nosa Biblioteca neste curso 25-26.


😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊😊

Logo chegaron as graduacións.
Con moita ilusión despedimos aos de 6º de Infantil e Primaria.




Moitas grazas a todos por participar neste final de curso,
e de manera especial, coma sempre,
 á nosa ANPA pola súa valiosa labor.

FELIZ VERANO!!!


Carteis de Cego

Dentro das propostas feitas ao principio de curso

 relacionadas co PDI "Cóntame un Conto",

aparecía a realización das 

"Maltrañas" 

(Carteis de Cego e Coplas de Cordel).


A clase de 5º traballou os Carteis de Cego.

O alumnado de 5º a partir dun conto portugués en prosa 
e usando unha melodía dun canto de cego e regueifas, 
versificárono en coplas.
Nesta imaxe temos un resumo visual do conto portugués que levaron a término e colgaron nun poste do noso patio.

Canto se aprende dos Contos!

O Libro Grande das Parábolas

 As Parábolas do Mestre

Que ilusión nos fixo, en especial ao alumnado de 1º, 
rematar as parábolas do noso Libro Grande.

Un xigante libro de contos, 
parábolas do Mestre de hai máis de 2000 anos,
 que foi diseñado e maquetado
 polo alumnado que asiste á clase de Relixión.




Canto aprendimos!!

jueves, 18 de junio de 2026

O Rollup da nosa Familia Educativa

 O Rollup da nosa Familia Educativa

 Unha exalumna do noso centro, Noelia García del Río, 

deseñounos este impresionante Rollup que agora ve a luz. 

Pousa na foto xunto ao seu irmán Yoel, alumno de 2º

Moitas Grazas, Noelia!!!

Biblio-Verán

 O último día de clase deste curso 
o alumnado léctor  que fixo a reserva 
poderá levar para casa os 5 libros escollidos 
para lectura para deste verán.

No andel das novidades están expostos algúns títulos que recibimos nesta semana como doazón para a nosa Biblioteca.

Moitas Grazas!!




Un libro, unha aventura.

miércoles, 17 de junio de 2026

Concurso de Ponte nas Ondas

1959 Voda en Marín 


 Foto compartida por Nicolás Fernández García de 1º de Primaria

para o certame Imaxes do patrimonio de Ponte nas Ondas.



   Voda en Marín. 

Os taxis levaban aos noivos á voda 

e participaban os nenos da familia.



O Certame “As imaxes do patrimonio” de Ponte nas Ondas

 
1958 A oblata do Císter


Foto Compartida polo alumno Brais Quintas Muíños

 para o certame Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas. 

En 1958 o avó de Brais Quintas Muiños entrou no

 Mosteiro de Oseira para ser parte da comunidade do Císter.




"As Imaxes do Patrimonio" de Ponte nas Ondas

 

1958 Ghabelas 

en Lampaza Rairiz de Veiga


Descrición de Axel Quintas Muíños 
da Seitura do Centeo 
en Lampaza Rairiz de Veiga nos anos 50.






     

Concurso Ponte nas Ondas

 

40s Homes de ferro 

en barcos de madeira


Foto compartida por Matilda Fernández García de 3º de Primaria
 para o Certame Imaxes do Patrimonio de Ponte nas Ondas.




Mariñeiros de Marín traballando nas parellas da Coruña




Certame "Imaxes do Patrimonio"

 1959 San Xosé Obreiro no Cantodarea


 Foto compartida por Teo Fernández García de 6º EI 

para o certame Imaxes do patrimonio de Ponte nas Ondas.



Procesión de San Xosé
 con mulleres ofrendadas e grandes candeas.


Patrimonio de Ponte nas Ondas

"Atadeiras no muelle vello de Marín"


 O primeiro podcast da nosa participación no 

9º Certame Imaxes do Patrimonio de Ponte nas ondas 

por Elsa Sanjorge Pesqueira de 4º de Primaria.




Certame do Patrimonio: Ponte nas Ondas.

1969 Día de Ramos 

Outro dos podcast que presentamos ao certame

 Imaxes de Patrimonio de Ponte Nas Ondas. 

Desta vez e Carmen Pastoriza Franco de 3º.



Certame de Ponte nas Ondas

 

1965 Á Ghancha 

na enseada de San Simón

Foto compartida por Carol Fernández Solla  de 4 EI. 


Mariscando á ameixa dende lanchas
 na enseada de San Simón nos anos 60.

1965 À Ghancha na enseada de San Simón

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏



Concurso: Patrimonio de Ponte nas Ondas

 

1968 Miss Marin

A alumna, Eire Veiga Camino de 5º de Primaria participa
 no concurso de  Patrimonio Ponte Nas Ondas
coa imaxe, "Nomeamento de Miss Marin en 1968" e seguinte podcast.