Mostrando entradas con la etiqueta convivencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta convivencia. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de junio de 2026

Acción Poética


Acción Poética é un movemento artístico 

que transforma as rúas en lenzos de palabras e emocións. 

Esta expresión única combina a poesía, 

a prosa e o arte para plasmar mensaxes conmovedores. 





A patrulla na Radio-Tuxiña

 Hoxe o alumnado de 5⁰ entrevistou

 a dous compoñentes da patrulla de patio 

para que lles explicasen a súa experiencia

 ao formar parte deste equipo.





...é unha gran experiencia!!!

jueves, 11 de junio de 2026

Praza da Amizade


Hoxe  a comunidade educativa do cole estivo de celebración. Inauguramos a Praza da Amizade!

Como testigo da celebración, 
unha placa de madeira dalle nome á nosa praza da Amizade.


" Hai un amigo en mi"

Versión feita para a ocasión a partir da banda sonora da película de Disney de "Monstruos S.A."




Artigo de prensa do Diario de Pontevedra



Moitas grazas a todos/as por facelo posible,
en especial a nosa ANPA!!

lunes, 1 de junio de 2026

Xogos para o Patio de Recreo

 Hoxe o bo tempo acompañou á patrulla de patio 
e por fin sacaron ao patio as mochilas cos xogos de mesa,
para que o alumnado poida ter máis opcións de xogo no patio e compartan momento de ocio e disfrute entre eles.


As mantas que mercou a ANPA permítennos movernos 
e xogar en diversas zonas do patio 
ao igual que as mesas instaladas debaixo da lona.


Que ben se xoga na sombriña!

lunes, 8 de diciembre de 2025

Formación profesorado: Convivencia.

CONVIVENCIA

 O profesorado do centro estámonos a formar

 para coñecer técnicas de resolución de conflictos,

estratexias e dinámicas que nos leven a mellorar 

a convivencia no centro. 


Entre todos farémolo posible.


miércoles, 3 de diciembre de 2025

Día Internacional da Discapacidade

Día 3 de Decembro 

Hoxe celébrase o día internacional da discapacidade.
No cole non quixemos deixar escapar esta ocasión 
para explicarlle ao alumnado que 
as barreiras están para rompelas.
 Así nos corredores apareceron QR 
que ao escanealos leváronnos a coñecer 
historias de persoas con moitas capacidades.
Animámosvos a investigar sobre:

 Wilshire,Pablo Pineda, Ángela Mora...



RECOMENDACIÓNS LECTORAS



Estes libros e outros semellantes na vosa Biblioteca!!!

lunes, 24 de noviembre de 2025

IGUALDADE: 25N

 Mañá é o 25N e
 o alumnado do Sequelo non quería deixar de traballar 
a importancia que ten 
o respecto,
a liberdade de opinión e de decisión.
Porque non só doen os golpes, 
se non tamén os actos e as palabras.
Así que como din os de infantil:
Non lle contes contos e que faga o que queira!

ARTURO E CLEMENTINA





Conto escollido para celebrar esta data.
💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜💜

Na celebración do 25N no CEIPP Sequelo
 recordamos ás mulleres que temos arredor e representamos, defendemos e sentimos como todas elas.

Colgamos lazos con frases de apoio que pintamos de violeta.


Lemos un manifesto e descubrimos a Arturo e Clementina.
Tamén cantamos e bailamos 
para que se escoite alto o noso apoio ás mulleres,
 e pola igualdade.

viernes, 24 de octubre de 2025

Contos e Novidades para Ler

NOVIDADES
Polo Día das Bibliotecas 

Ante a proximidade do Samaín, o noso alumnado para os empréstitos desta semana escolleu contos de medo e ficción.







Aproveitando o Día das Bibliotecas mercáronse
 varios libros e contos para traballar nas aulas.
Contos para desfrutar e contar.


Non vos perdades estas novidades 
que están de medo!!!

domingo, 19 de octubre de 2025

Benestar e Convivencia: Os Medos.

 Esta semana na clase de 3⁰,fixemos 
unha dinámica para coñecer que cousas lles preocupaban,
que medos tiñan
ou que preocupacións no cole que non lles permitan estar a gusto...
Cada papel de cor era unha resposta 
que foi colocado na caixa correspondente;
 así asegurámonos de que fose anónimo 
e poideran expresar calquera idea.


Bravo!

Xa comezan a chegar novos títulos á biblioteca para traballar a convivencia e o respecto!



¡¡Moi Interesante!!

jueves, 16 de octubre de 2025

Reunión: Patrulla do Patio

 Patrulla do Patio

Hoxe foi a segunda reunión da patrulla de patio.

Deunos para facer moitas cousas:

chapas identificativas,

creamos os grupos de traballo e cada neno/a aportou ideas para decorar o noso banco da amizade.




Saíron cousas fermosísimas desas cabeciñas!

martes, 14 de octubre de 2025

Charla de Rexurdir

" A Prevención do Acoso Escolar"

 Hoxe pola tarde ás familias do cole poideron asistir a unha charla sobre o acoso escolar. 

A charla foi impartida pola asociación Rexurdir,

onde se profundizou un pouco máis neste tema.



Grazas a Rexurdir

 por estar sempre disposta a compartir con nós 

os vosos coñecementos, e grazas ás familias que acudiron.

miércoles, 8 de octubre de 2025

Charla: Prevención do acoso escolar.

"Prevención do acoso escolar."


 O próximo 14 de outubro a Asociación Rexurdir impartirá 
na nosa Biblioteca unha charla sobre 
" A Prevención do Acoso Escolar"
 en horario de tarde: 16:30h.
Estades invitados.
 
 

martes, 7 de octubre de 2025

Patrulla do Patio

 PATRULLA DO PATIO

Desde o centro estamos a poñer en marcha

 unha iniciativa que ten como obxectivo facer 

uns patios máis inclusivos,

 que favorezan unha convivencia positiva.




Modelo das Chapas 

Será o distintivo que levará
 o alumnado que formará a Patrulla do Patio.


Benvida á patrulla de patio do Sequelo!
Manterémosvos informados...



sábado, 15 de junio de 2024

Xornada de convivencia co CEIP Carballal

 Xornada de convivencia co CEIP Carballal


Tras un curso de contactos
 a través de cartas personalizadas 
entre alumnado de 2º ciclo do noso centro
 e o alumnado de CEIP Carballal, 
o venres día 14 de xuño todos puideron coñecerse, 
falar e xogar xuntos. 
A lingua galega foi o noso eixo de unión.

O encontro foi nun día solleiro 
no parque da barriada co Carme de Marín, 
preto do CEIP Sequelo.


Unha grande experiencia para repetir!!!