martes, 30 de septiembre de 2025

Tradicións de Marín: Danza das Espadas

FESTA TRADICIONAL 

DA DANZA DE ESPADAS

Pola tradicional festa do patrono dos mariñeiros, a nosa vila de Marín
celebra a festa de San Miguel coa tradicional Danza das Espadas,
unha das señas identificativas características da nosa vila.

O luns 29, vestidos de branco e con faixas azuis e vermellas,
repetimos a experiencia de anos anteriores no noso colexio.

Apenas catro ensaios fixeron desta xornada 
un memorable día de tradición marinense no noso Sequelo.





Como outros anos o grupo folclórico galego, "Os de Marín"
 puxeron a música para poder facer o baile das espadas.
 

Despois da versión da Danza das Espadas interpretada polo noso alumnado, puidemos bailar todos algunha muiñeira grazas á música que con agarimo dedicounos o grupo de gaitas, "Os de Marín".

Moitas Grazas


 
E continuou a festa no patio dianteiro neste día de solleiro día 
do veraniño de San Miguel.

 

  


 






 

Nos días previos tamén colocouse un mural
 sobre a Danza das Espadas no corredor central.
Preparando o mural da Danza das Espadas 
cos danzantes vestidos de branco,
Fixemos as espadiñas de madeira 
coma as que se utilizan para bailar a danza.


Moi ben bailado!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario