martes, 20 de mayo de 2014

Solicitude de colaboración para exposición "40 Anos de Escola"

Estimadas familias:
Como xa saben este curso celebramos o 40 Aniversario do colexio e, aproveitando tal evento, estivemos desenrolando o Proxecto Documental Integrado “40 Anos de Escola”, para o que solicitamos a vosa colaboración ao longo de todo o curso.
Pois ben o curso remata e con el o nos proxecto, para o que vos pedimos unha última colaboración: trátase de aportardes materiais antigos que poidades ter da vosa etapa escolar (libros, cadernos, pizarras, estoxos, mapas…) coa fin de realizar unha expoción na que se pretende amosar unha historia viva da evolución da escola; así como dos traballos realizados polo alumnado ao longo de todo o curso.
A exposición pretende estar preparada o día 30 de maio, xa que o 3 de xuño celebraremos una xornada de portas abertas na que a poderán visitar, así como ver as instalación e equipamentos cos que conta o centro.
Agradecemos de antemán a vosa participación.

NOTA
Os materiais que aporten serán etiquetados e devoltos unha vez finalizada a exposición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario