Como cada ano polo San Martiño, seguimos coa tradición de celebrar o magosto no colexio; e así de ben o pasamos cantando unha cantiga popular, xogando mentres agardabamos que se asaran as castañas, comendo e emborronándonos co carbón das brasas.
O noso agradecemento a ANPA, pola súa colaboración, que un ano máis estiveron asando as castañas, que por certo estaban no seu punto. Xa son todo uns profesionais!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario