Xa se achega o Día do Libro e este ano a proposta da biblioteca e facer traballos de investigación sobre o noso rural: "Descubrindo o noso rural", en relación co PDI "Terra adentro" que se está levando a cabo este curso.
Cada titor escollerá un ou varios temas relacionados co noso rural sobre os que investigará, presentando esas investigacións nun "lapbook".
Por se non tendes moi claro que é un "lapbook", aquí vos deixamos varios enlaces nos que se nos mostra como facelo e incluso descargar plantillas según o formato que lle queiramos dar.
- O blog "Maestra de primaria" indícanos como confeccionar un "lapbook" paso a paso.
- Varios exemplos; o mesmo blog "Maestra de primaria" móstranos varios exemplos sobre distintos temas, nos que podemos comprobar o vistosos que quedan.
- O blog "El color de la escuela" ademais de indicacións de como confeccionar un "lapbook", déixanos varios enlaces onde descargar plantilla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario