Xa se achega o Samaín, seguindo a tradición de cursos pasados este curso imos descubrir as lendas e seres mitolóxicos que se atopan arredor dos ríos; non podía ser doutro xeito, xa que con esta actividade iniciamos o noso proxecto "Arredor do Lameira". Quen sabe se no río Lameira, tan pretiño de nós, atopamos algunha lenda ou quizais por aquí habite algunha areana, xacia, lavandeira, feiticeira...?
Aquí deixamos algunhas páxinas onde podemos atopar lendas e información sobre todos eses seres que habitan nos ríos.
Imaxe: http://chezmanima.c.h.pic.centerblog.net/8f8f4bfb.gif
- Web "Galicia encantada" na categoría adicada ás augas.
- Web "A vida nos ríos galegos" na páxina "Os ríos son lendas".
- Traballo realizado polo alumnado de 1º e2º da ESO do IES Felix Muriel de Rianxo: "Seres mitolóxicos galegos"
- Na web "Bluscus. Turismo marinero" atopamos esta lenda do río Úmia.
- Nesta web de turismo atopamos a "Lenda da cascada do río de Anos".
- Fadas de auga: No blog "Zona de leyendas" atopamos o artigo "Hadas de agua".
- Web "Seres fantásticos mitología y algo más" o artigo "Hadas de agua".
No hay comentarios:
Publicar un comentario