Como xa dixemos a nosa mascota Birlo regresou despois dunha longa viaxe por todo o mundo recollendo novos libros, pero... como voltou? Intentade adiviñalo participando neste concurso que vos propón.
Acordádevos que vos dixen que estivera de viaxe polo mundo enteiro buscando novos libros para a nosa biblioteca?
Pois ben, estando no Brasil, e escoitando ás súas xentes entroume morriña,
debeu ser cousa da lingua, parécese tanto á galega…, así que decidín voltar á
miña casiña no Sequelo. Pero non creades que a viaxe de volta foi doada, case
me perdo e ata pasei medo, por pouco non chego
- Que creedes que pasou?
- Que perigos imaxinades que atopei?
- Como fixen para traer todos os libros?
- Como pensades que vin desde Brasil ata aquí?
Animádevos a participar cos vosos relatos (o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º) e debuxos (o alumnado de 1º e 2º). Os que máis se
aproximen á realidade será o gañador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario