lunes, 12 de noviembre de 2018

Exposición "Poéticas diversas"

Como xa sabedes o tema deste curso para celebrar o Día das Bibliotecas é "Poéticas diversas na Biblioteca escolar".
Con tal motivo na biblioteca do centro tendes unha exposición de libros de poesía que podedes visitar e ler cos vosos alumnos durante este mes de novembro.
Como actividade posterior os equipos de Dinamización de Biblioteca e Dinamización Lingüística,  propoñémosvos que vos animedes a facer creacións poéticas, tomando como modelo unha poesía que vos guste e adaptándoa á temática do noso proxecto “Arredor do Lameira”.
Con todos os poemas recollidos elaboraremos o noso propio libro “Poemas Arredor do Lameira”.




No hay comentarios:

Publicar un comentario