Como xa ven sendo tradicional a ANPA do cole decorou a vivenda que ten asignada para diferentes actividades, convertendoa na perfecta "Casa do terror", na que ademais de facer algunha bromiña típica da celebración tamén realizaron a exposición do concurso de decoración de cabazas.
Pasaron todos os cursos a visitala e algún que outro levou un sustiño, que compensou coas chuches que recibiu á saída; sen lugar a dúbidas foi unha mañá "terroríficamente divertida".
Moitas grazas á ANPA, cada ano superádesvos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario