domingo, 19 de abril de 2020

Semana do Libro dende a casa "Microcontos no espello"

Se non tivese pasado todo isto esta semana do 20 ao 24 de abril estariamos celebrando a Semana do Libro, porque como xa sabedes o día 23 de abril é o Día do Libro. Así que, na medida do posible, ímola a celebrar "dende a casa", coa proposta "Microcontos no espello".
Agora estarédesvos preguntando... Que son os microcontos?, e por que no espello?
Os microcontos son relatos moi breves, feitos de xeito que en dúas ou tres frases temos que intentar contar toda a historia. No enlace deixámosvos unha breve explicación e algúns exemplos. Ollo non son para copiar!!!
O do espello é por complicárvolo un pouquiño, sabedes que se poñemos algo escrito diante do espello non o podemos ler, porque as letras vense do revés. Clicade neste enlace para a explicación.
Por último deixámosvos un exemplo, cun truquiño para que vos sexa máis fácil. Coma sempre agardamos os vosos "Microcontos no espello" no correo sequelonacasa@gmail.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario