domingo, 22 de noviembre de 2020

25 de Novembro: Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller

Este ano imos traballar esta conmemoración tan importante a través do conto de "Arturo e Clementina" da autora Adela Turín.

 
 
Se queredes tamén podedes ler o conto clicando no título "Arturo e Clementina"
Unha vez visto o que pasaba entre Arturo e Clementina imos facer estas reflexións:
  • Como é Clementina?
  • Por que Clementina non era feliz?
  • Como é Arturo? 
  • Que farías no lugar de Clementina?
  • Que che parece o final do conto?
  • Esperabas que rematara así?
  • Que che gustou máis da historia?
  • Que aprendiches con esta historia?
Agora intentade continuar a historia situado a Clementina en distintos lugares que lle gustaban e nos que podía cumprir os seus desexos. Por exemplo:
  • O outro día cando ía paseando á beira do río Lameira...
  • O outro día cando estaba xogando no parque Eguren...
  • O outro día cando viña de volta do colexio...
  • O outro día cando ía coa miña nai ao super...
  • O outro día cando fun a pescar co meu avó ao porto...
 

·   

No hay comentarios:

Publicar un comentario