A UNESCO, no ano 1999 decidiu declarar o 21 de marzo como o Día Mundial da Poesía.
Nós celebramolo o luns, 22 de marzo mediante a actividade "Versos compartidos".
En cada clase traballaranse un ou dous poemas. Os nenos "maiores" serán os padriños lectores dos máis pequenos. Na hora de ler intercambiaremos recitados de poemas, gardando, por suposto, as normas do protocolo Covid-19.
No seguinte mural Padlet poremos unha mostra do que imos facer pero está aberto á participación de todos e todas. Dende a casa, dende onde queirades
podedes subir as vosas gravacións, vídeos, fotos, textos de poemas
propios ou de autor recoñecido. Só tendes que pinchar no + e subir o
voso arquivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario