miércoles, 16 de febrero de 2022

Entroido 2022 "MandaBirlo"

Como cada ano chega o Entroido ao noso Sequelo, polo que, sen esquecer a temática do PDI "Inventos que cambian o mundo", propoñémosvos para a semana do 21 ao 25 celebralo co "MandaBirlo". Así que, estade atentos ao que vos propón para cada día da semana. 

O venres 25 remataremos cun concurso de disfraces e unha chocolatada preparada pola ANPA AIDÓN.

Haberá un premio por clase ao disfraz "máis simpático" e ao disfraz "máis orixinal".

Aquí vos quedan os mandatos de Birlo para cada día da semana. 

Luns: Esperta do teu sono, e pon na túa cara un emoticono😍

Martes: Se non queres dar pena, trae na cabeza unha antena📺

Mércores: Se te pos a investigar, unha bata has precisar👚

Xoves: Moito ollo boa xente, mañán viredes con lentes😎

Venres: Para rematar de invento ou de inventor virás☎⏰✂📷📻

No hay comentarios:

Publicar un comentario