jueves, 15 de septiembre de 2022

Benvida ao curso 2022-2023

Hola nenos e nenas, benvidos a un curso máis a biblioteca do CEIP Sequelo que, como veredes cando a visitedes, quedounos ben "feitiña".

O curso pasado iniciamos o PLAMBE, que nos permitiu renovar e actualizar os fondos da Biblioteca e o mobiliario. Este ano continuaremos na mesma liña.

Grazas á reforma levada a cabo no colexio, puidemos ampliar a biblioteca, engadindo un espazo para radio, croma, robótica e ordenadores para búsquedas de información. Ademais agora é máis espazosa e luminosa, e incluso ten dúas ramplas de acceso. 

Aínda nos quedan por recolocar e reubicar algúns fondos, pero pronto estará lista para que a poidades desfrutar.

Iniciaremos un novo PDI centrado na protección e coidado do noso planeta, facéndoo extensivo aos hábitos de vida saudables que titulamos "Protexo o meu planeta! Protéxomeu eu!", do que informando a medida que avance o curso.

Birlo, a mascota da Biblioteca que xa coñecedes, tenvos preparada algunha sorpresiña.

Un saúdo, vémonos pronto aquí, na biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario