martes, 25 de octubre de 2022

Actividades iniciais do PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"

Iniciamos o PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" con tres actividades introdutorias.

Primeira: Actividade de plástica para concienciar da importancia das tres RRR (Recicla, Reutiliza, Reduce). Consistiu en rechear tres grandes "R" con materiais de reciclaxe.

Segunda: "Cada contedor co seu lixo" actividade de ideas previas, que consistiu en rechear unha ficha con recortes de folletos, identificando o lixo correspondente ao seu contedor.

 
 
Terceira: Letras con técnica de "collage" para decorar a biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario