jueves, 13 de octubre de 2022

PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" Comezamos

Preparados para o novo PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" ? ??

Pois alá imos!!!

Comezaremos con dúas actividades introdutorias que realizaremos cos materiais que se vos pediron: tapóns, pinzas desparelladas, tubos de papel, folletos publicitarios, cartóns...

1.- A primeira realizarémola na Aula de Plástica, así tamén poderedes coñecer esta nova aula que se habilitou no cole para que estedes máis cómodos cando fagades actividades plásticas. Pois ven cos materiais que se vos pediron encheremos tres enormes RRR, como símbolo da importancia de:

 RECICLAR, REUTILIZAR, REDUCIR

2.- A segunda será unha actividade de ideas previas na que comprobaremos que sabemos do lixo. Seremos quen de encher con cada contedor co lixo que lle corresponde?

No hay comentarios:

Publicar un comentario