lunes, 10 de octubre de 2022

Presentación PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"

Como xa adiantamos na benvida este curso levaremos a cabo un  Proxecto Documental Integrado que titulamos:
 “Protexo o meu planeta! Protéxome eu!” 
Centrarémolo na protección do planeta, como xeito de protexernos a nós mesmos, así como nos hábitos saudables para o noso benestar. 
Trataremos de fomentar hábitos saudables que ao tempo que protexan o noso planeta, se convirtan nun xeito de vida para coidarnos nós mesmos.
Agardamos a vosa colaboración nas actividades que se irán propoñendo.
 

Toda a información e traballos relacionados co PDI iranse recollendo no "Site de Google "CEIP Sequelo. Curso 2022-2023. Protexo o meu planeta! Protéxome eu!".
 
Podedes acceder premendo no anterior enlace, ou na imaxe que está na esquina superior dereita ao inicio deste blog; tamén dende a páxina web do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario