domingo, 11 de diciembre de 2022

Día das Persoas con Discapacidade 2022.

Este ano conmemoramos o "Día das Persoas con Discapacidade" aprendendo un pouco máis sobre as distintas linguaxes que utilizan, para facerse entender e entendernos, as persoas con discapacidades relacionadas coa fala, o oído e a vista.

Pola conmemoración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller" cantamos a canción "A porta violenta", interpretando o retrouso con linguaxe de signos, achegándonos así ás persoas que non poden falar e/ou escoitar.

Posteriormente puidemos coñecer como se comunican as persoas con discapacide visual, grazas as explicacións do personal experto da ONCE, que se ocupa de ensinar a estas persoas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario