Esta semana, coincidindo co "Día Internacional da Muller" tivemos a sorte de que unha mamá técnico-forestal, viñese ao noso colexio para colocar dúas caixas-niño nas árbores que rodean o centro.
Ademais esta actividade sirveunos tamén para:
- Concienciarnos da importancia do coidado dos montes.
- Informarnos dos pasos que debemos seguir se provocamos ou vemos un incendio.
- Recordar que nos montes hai lixo e moitas cousas que non deberían formar parte dese entorno...
Previamente, os nenos/as de Infantil, fixeron uns comedeiros con laranxas. Esperemos que aniñen os paxariños!
Moitas grazas pola visita, aprendemos moito, seguiremos facendo mais comedeiros e coidaremos o monte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario