martes, 25 de abril de 2023

Charla na Biblioteca: Coidando o aire e a terra.

 PROTEXO O MEU PLANETA 

PROTÉXOME EU

A pasada semana despedíamos as nosas profesoras de prácticas, Ana e Paula,

que estiveron no noso centro dende o mes de novembro.

 En apoio ao proxecto do centro a profe Paula, a través dunhas presentacións dixitais sobre a terra e o aire, dou unhas charlas aos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º.

Puideron falar dos axentes contaminantes do aire e da terra, dos lugares do planeta máis contaminados... rematando cos compromisos que compre facer para coidar a nosa contorna.

Debuxando ao aire libre compréndese mellor 

a necesidade de manter limpos e saudables as nosas paisaxes.

Moitas grazas Ana e Paula por escoller o noso colexio 

e pola vosa aportación durante todo este tempo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario