A petición do alumnado a través do buzón de suxerencias, vaise iniciar o préstamo de lecturas para o verán, pasar tamén algúns momentos de aventuras sen se mover do sitio.
O luns e o martes próximos farase dende a biblioteca o préstamo de 5 libros que serán devoltos na primeira semana de curso, na máis empezar o curso 2023-2024.
Os nenos e nenas que o desexen poden escoller libremente os seus títulos, previa comunicación aos titores.
A Nosa Mascota da Biblioteca
Tuxiña
Traballando en equipo dende a Biblioteca do CEIP SEQUELO MARÍN
No hay comentarios:
Publicar un comentario