domingo, 17 de septiembre de 2023

Curso 2023-2024: BENVIDOS

CURSO 23-24: CELEBRAMOS O

 5O ANIVERSARIO DO COLEXIO 


BENVIDOS AO NOSO ESPAZO VIRTUAL DA BIBLIOTECA DO CEIP SEQUELO-MARÍN.

Este curso que empezamos ímolo dedicar a coñecer e poñer en valor a nosa contorna máis próxima:

"O NOSO LAMEIRA: UN RÍO DE VIDA"



 título escollido para o PDI deste curso.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

50 aniversario

 Coincidindo co 50 aniversario do colexio, ademais de coñecer o presente do noso río Lameira botaremos a vista atrás para aprender dos nosos maiores e dos fondos documentais que atoparemos nas bibliotecas, os cambios na paisaxe e na relación da vida do pobo de Marín co noso río Lameira.

Así como o curso pasado escolliamos unha nova mascota para a biblioteca: "Tuxiña", este curso escolar aproveitaremos a data sinalada do 50 aniversario para elixir un nome para a nosa biblioteca.

Proporase...

(segue o seguinte enlace)

UN NOME PARA A NOSA BIBLIOTECA

        -------------------------------------------------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado de 2º de primaria fixo este vídeo 

para darvos a benvida a este novo curso que comenza. 

O curso do 50 aniversario do CEIP Sequelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario