FORMACIÓN DE USUARIOS
Durante as primeiras semanas do curso e nas próximas deste mes de outubro,
as distintas clases dende Infantil ata 6º de Primaria,
están recibindo unha sesión didáctica sobre
Formación de usuarios na Biblioteca do noso centro e normas para os recreos na Biblio;
en especial para ter unhas sinxelas nocións sobre a CDU - clasificación decimal universal-
e que a distribución dos libros nos andeis non sexa un misterio.
Apoio ao Plan Anual de Lectura
A clase de Infantil A visita a Biblioteca para ler contos e para ter
un primeiro contacto coa CDU a través da nosa mascota Tuxiña.
Moito espazo e moitos libros cheos de fantásticas historias
vos están esperando na nosa biblioteca.
NORMAS
- Só poderá haber na biblioteca un máximo de 15-20, dependendo de como se deslvolva a actividade ampliarase o aforo.
- Os libros usados teñen que volver ao seu andeis correspondentes
- Os xogos/xadrez teñen que quedar recollidos e ordenados na zona de xogos/xadrez.
- No rincón de plástica non poderá haber máis de seis ocupantes. Os materiais utilizados deberán quedar recollidos e as mesas limpas.
- Non se pode comer na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario