lunes, 6 de noviembre de 2023

O Río Lameira no Outono

 ARREDOR DO LAMEIRA
O Río Lameira

O Lameira nace ao pé do monte das Regueiras

no norte da península do Morrazo, 

no lugar de Pardavila, en Marín, 

e realiza todo o seu curso no interior deste concello.

Despois de cruzar o núcleo urbano de Marín, 

por onde vai parcialmente canalizado, 

desemboca no porto da Escola Naval Militar.

O Lameira (ou Lameiriña) leva ese nome 
porque o pequeno esteiro que formaba a súa desembocadura, 
e a carón do cal medrou a vila de Marín, 
convertíase nunha lameira na baixamar.
 Río arriba, dábanselle outros nomes.

"O Mego da Escola", blogoteca.com

Así soa o Río Lameira no Outono


MOITA AUGA

moito caudal


Saltos de auga

AS PONTES DO SEQUELO

Cambios na Paisaxe



Caen as follas.
Non hai flores

A zona das Regueiras, destaca pola plantación forestal con frondosas autóctonas 
-na súa maioría Souto de Castiñeiros- 
dentro do monte comunal da parroquia de San Xulián. 
Nas cercanías, facendo referencia á orixe hidronímica do lugar, tamén se atopan Bidueiros e Salgueiros
no ámbito da conca do nacemento  do río Lameira.

Localización de AS REGUEIRAS

https://montepituco.com/2016/10/09/ruta-por-castelo-de-barbudo-e-pedrouzos-en-san-xulian/




No hay comentarios:

Publicar un comentario