miércoles, 18 de diciembre de 2024

Visita á Residencia do Maior e ao IES ILLA DE TAMBO de Marín

 Panxoliñas na Residencia do Maior

Como tódolos anos por estas datas, o CEIP SEQUELO-MARÍN 
fai unha visita solidaria á Residencia do Maior de Marín.
Aquí uns momentos das nosas interpretacións.

Na Residencia presentaron: Noelia e Ángel de 6º


"POPURRÍ COMERCIAL NAVIDEÑO"



"WE ARE THE WORLD"

Unha iniciativa solidaria da nosa ANPA
 deixou agasallos para os usuarios da Residencia, 
e foron repartidos polo noso alumnado.

Temos que dar as gracias ás organizadoras da Residencia pola chocolatada coa que nos axudan a coller forzas despois da actuación. É todo unha festa.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

A visita que fixemos ao IES ILLA DE TAMBO resulta ser sempre un gran concerto de Nadal no que participa o alumnado que asiste á clase de Relixión da ESO. Este ano non quixeron faltar tamén os de 1º de Bachiller.

No IES ILLA DE TAMBO tivemos como presentadores a: Mateo e Darío
En apoio ao noso proxecto cantamos en galego esta panxoliña:
 "Aconteceu nunha aldea"


Baixo a dirección da nosa Teacher, o alumnado de 5º interpretou algunhas panxoliñas tradicionais de Nadal.

.......................LAST CHRISTMAS....................

io En apoio ao noso proxecto " Galicia polo Mundo"
 non podía faltar unha panxoliña dos Beatles en inglés:

…………………..HAPPY CHRISTMAS……………….

  …...........… LET IT SNOW………..........

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Algúns dos momentos das interpretacións
 que no IES ILLA DE TAMBO tivemos ocasión de ver.

 
Recoñecemos nalgunhas das fotos a moito do noso ex alumnado, que noutros nadais cantaba connosco as panxoliñas.




GRAZAS A TODAS POLO VOSO ESFORZO

FELIZ NADAL!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario