miércoles, 10 de octubre de 2018

Benvida ao curso 2018-2019

Desde a Biblioteca do CEP Sequelo un curso máis dámosvos a benvida, esperamos que teñades moitas ganas de participar en todas as actividades que vos proporemos durante o curso.
Lembrades todo o que fixemos o curso anterior? 
  • O Proxecto proposto polo EDL "Arredor do Lameira" un proxecto pensado para coñecer, coidar e protexer o noso río, co que continuaremos este curso.
  • A volta da mascota "Birlo" despois de recorrer o mundo buscando novos libros.
  • A actividade "Adopta un libro", na que adoptamos os libros que xa ían velliños.
  • Os concursos, exposicións, lecturas na biblioteca...
A que xa vos ides lembrando, pois seguiremos nesa liña, facendo activides similares e outras novas nas que vos animamos a participar. 
Moito ánimo rapaces!

No hay comentarios:

Publicar un comentario