A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila.
Por isto "POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA
ESCOLAR" é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación
Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como
chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas
posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este
lema e a compoñer este fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os
centros educativos galegos.
Longa vida á poesía,
"memoria do mundo", en palabras do poeta Juan Marqués, quen tamén
afirma que a poesía, aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas
nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e
destrúe reximes políticos, declara guerras, move montañas...
Poéticas diversas convida a
asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á
metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer
a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a
permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á
poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.
No hay comentarios:
Publicar un comentario