jueves, 8 de octubre de 2026

Día das Escritoras de Cine

Escritoras de Medo

19 de outubro

Aproveitando a data cercana á festa do Samaín,
 darase visibilidade a aquelas escritoras que crearon personaxes de medo:
 monstros, pantasmas… 
e que posteriormente foron levados ao cine: 



JK Rowling,
👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀



 Mary Shelley…
👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀


Jill Culton

 é unha das escritoras da historia orixinal na que se inspirou o guión da película 
"Monstros S.A."
👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀

GUIÓN DE CINE

Atréveste a escribir un breve guión 
(non máis de dúas follas) 
para unha curta de medo?

Xúntate cun algún compi 
e pasádeo de medo
 imaxinando unha historia de terror.


Gustaríache lelo o día do Samaín?


ADIANTE, 
ESCRIBE

Os compis de 3º xa comezaron 
as súas historias de medo.


Letras Terroríficas

miércoles, 7 de octubre de 2026

Xogos de Mesa no Patio



Onte comezaron a saír de novo 
os xogos de mesa ao patio.


 

Coa colaboración da Patrulla de Patio
pouco a pouco imos collendo ritmo.

lunes, 5 de octubre de 2026

Linguaxe Cinematográfico

 Vocabulario Cinematográfico 

en Infantil

Os máis pequenos do colexio traballan arreo
 para coñecer o cine nas súas orixes.

CINE CÓMICO

Charlie Chaplin
Mural dos pequenos "Charlots" de Infantil

Adquirindo as primeiras nocións de movemento de imaxes,
 velocidade e cine.

TAUMÁTROPO

O taumátropo é un xoguete óptico tradicional 
inventado en 1824 que crea a ilusión de unir dúas imaxes distintas
 nunha soa mediante o xiro rápido.

PLEA: Hora de Ler

 Tempo de Lectura

Un dos obxectivos fundamentais do PLEA,
Plan de Lectura , Escritura e Acceso á Información
é o Tempo de lectura.

Acordamos en Claustro que o tempo adicado á lectura 
será repartido en sesións despois do recreo, 
con actividades distintas para cada día.

Relacionando o PDI "Un Cole de Película" co Proxecto PLEA,
engadimos un día para o CINEFÓRUM.
Dedicaremos o último xoves de mes á Oralidade.
Traballaremos o debate, as recomendacións lectoras ...
e o intercambio de ideas relacionadas co Cine.
👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇

Algúns momentos da Hora de Ler na Biblioteca
Lectura Maxistral coa clase de 3º cun texto en inglés.

Tempo de Lectura con Infantil:
Lectura individual
Oralidade a través da lectura de imaxes
Lectura en grupo, contacontos




sábado, 3 de octubre de 2026

Fotogramas da Danza das Espadas

FOTOGRAMAS

o alumnado que asiste á clase de Relixión,
 elaborou un mural que deixou exposto nun corredor do colexio.

Fixeron 4 fotogramas dunha película de cine nos que mostran
a entrada dos danzantes á chamada do ferreñeiro.

 

DANZA DAS ESPADAS

 DE SAN MIGUEL


Para ver unha película cinematográfica requírese
 que os fotogramas sexan proxectados 
a unha velocidade de 24 por segundo; 
así producen a ilusión do movemento.

Vestidos co traxe tradicional dos danzantes 
da Danza de San Miguel.

viernes, 2 de octubre de 2026

Xogos e Diversión no Recreo

...queres xogar?

 Volvemos a recordar os xogos de sempre.

Estes días estamos poñendo en práctica o escondite inglés,

en breve pode ser que xoguemos ao pano,

quen sabe se nalgún momento invitaremos ás familias...


...Síiiiiiiiii!

Tradicional Danza das Espadas

 Ataviados co traxe tradicional da Danza das Espadas
 chegaba esta mañá ao Sequelo o alumnado.
Os colores branco, azul e vermello encheron corredores e aulas.
Preparándonos para o baile...



Medallón do Padroado de Mareantes de San Miguel



Despois do recreo recibimos ás familias, 
e a Celso, antigo profesor do noso colexio
 e representante do Ateneo Santa Cecilia, 
para bailar a Danza das Espadas.

A tradicional danza foi interpretada
 polo alumnado voluntario de 5º e 6º.


 Coma outros anos o sonido das gaitas da agrupación
 "Os de Marín"
animou o baile coa tradicional música da Danza de San Miguel.



Ao remataren a danza, 
continuou a festa coa ilusión dos máis pequenos.




Foi unha ocasión de ilusión para a convivencia 
arredor das nosas tradicións.

Moitas grazas a todos os asistentes, en especial a
"Os de Marín"
pola súa contribución á conservación
 deste festa mariñeira da nosa vila de Marín.

martes, 29 de septiembre de 2026

Pequenos Escritores

 Escribindo un Conto

Por iniciativa propia, estes dous alumnos de 4º dedican o seu tempo de ocio a escribiren os seus primeiros libriños de contos ilustrados.

Noel e Leo escribindo os seus propios libros de contos.
Dentro de moi pouco estarán disponibles para a lectura.

Moi boa iniciativa, escritores!!

lunes, 28 de septiembre de 2026

Saída ao Club de Tenis Pontevedra

Primeiro contacto co tenis en instalacións
 de competición internacional 

Dentro do Programa escolar do
 IV Pontevedra Internacional Junior U14, 
o noso colexio foi invitado a participar no torneo como espectadores 
e a participar nas actividades de iniciación ao tenis e ao pádel 
nas instalacións da competición internacional. 

 Valores educativos


OBXECTIVOS SOCIAIS 

Traballo en equipo e compañerismo 
Convivencia intercultural 
Respecto ao rival e ao árbitro
 Esforzo e Superación Persoal 


viernes, 25 de septiembre de 2026

Infantil en Autocine

 Esta mañá as nosas mestras sorprendéronnos cun cine á fresca.


Montadiños nos nosos autos de cartón desfrutamos do cine autocine
como facían hai anos nalgunhas cidades a mocidade.


Foi unha actividade conxunta para introducir 
o proxecto común do cine.

"Un Cole de Película"

Maxia en la Biblioteca Luís Davila do noso Sequelo

 Que mellor maneira de comezar o curso
 que cun espectáculo de maxia!

A escola de maxia "Magia en la Manga" 
está formada por 
ilusionistas con sede en Vigo
que actúan para escolares acercando a súa arte á cativada .
Hoxe tocounos a visita destes marabillosos magos 
cos que pasamos máxicos momentos na Biblioteca.
"A Igualdade non ten truco"
espectáculo que promove a igualdade de xénero e visibiliza o papel das mulleres no ilusionismo.


Ata fixeron participar ás nosas mestras.

  

Moitas Grazas á nosa ANPA
pola magnífica actividade de maxia!!!

Día Internacional das Linguas

DÍA DAS LINGUAS

Obxectivo principal desta data:
 Animar ao alumnado e as familias a aprender idiomas
 a cualquera idade.

A actual diversidade lingüística e cultural do noso colexio,
foi o motivo que nos levou a celebrar esta data,
para poñer en valor o Cine a través das distintas linguas.

En Infantil, os máis pequenos, relacionan as imaxes dos pictogramas
para adiviñar o título da película que lle corresponde a súa aula.

Coñecendo ás letras:
Cal é o título da película?






Cada aula, dende Infantil a Primaria, 
interpretará os pictogramas dunha película
 para adiviñar o título 
 e despois será traducido a outros idiomas.
 Remataremos a tarefa común facendo 
un mural común en moitas linguas.