Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca escolar territorio das artes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca escolar territorio das artes. Mostrar todas las entradas

martes, 25 de octubre de 2016

Día das bibliotecas 2016. Visitando a exposición e buscando información

Durante toda a semana os distintos cursos foron a visitar a exposición relacionada co tema proposto este ano "Biblioteca escolar, territorio das artes". 
Así de interesados se mostraron os nenos e nenas de 3º A para completar o seu cuestionario.

lunes, 24 de octubre de 2016

Día das bibliotecas 2016.

Cando visitedes a exposición intentade completar este cuestionario, todas as respostas están nos libros expostos; tamén pode ser unha axudiña algúns dos enlaces propostos entrada anterior.
Enlace ao cuestionario: 
https://drive.google.com/file/d/0B3l6Iwhe8R6HTEdKakdNY1lFRUE/view?usp=sharing


miércoles, 5 de octubre de 2016

Benvida ao curso 2016-2017, celebrando o Día das Bibliotecas co lema "Biblioteca escolar, territorio das artes"

Como cada ano iniciamos o novo curso celebrando o Día da Biblioteca o próximo 24 de outubro, este ano o lema proposto é "Biblioteca escolar, territorio das Artes"


“Biblioteca escolar, territorio das Artes” convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).

Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.

A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.