Mostrando entradas con la etiqueta concerto intercentros. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concerto intercentros. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de diciembre de 2024

Visita á Residencia do Maior e ao IES ILLA DE TAMBO de Marín

 Panxoliñas na Residencia do Maior

Como tódolos anos por estas datas, o CEIP SEQUELO-MARÍN 
fai unha visita solidaria á Residencia do Maior de Marín.
Aquí uns momentos das nosas interpretacións.

Na Residencia presentaron: Noelia e Ángel de 6º


"POPURRÍ COMERCIAL NAVIDEÑO"



"WE ARE THE WORLD"

Unha iniciativa solidaria da nosa ANPA
 deixou agasallos para os usuarios da Residencia, 
e foron repartidos polo noso alumnado.

Temos que dar as gracias ás organizadoras da Residencia pola chocolatada coa que nos axudan a coller forzas despois da actuación. É todo unha festa.
👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

A visita que fixemos ao IES ILLA DE TAMBO resulta ser sempre un gran concerto de Nadal no que participa o alumnado que asiste á clase de Relixión da ESO. Este ano non quixeron faltar tamén os de 1º de Bachiller.

No IES ILLA DE TAMBO tivemos como presentadores a: Mateo e Darío
En apoio ao noso proxecto cantamos en galego esta panxoliña:
 "Aconteceu nunha aldea"


Baixo a dirección da nosa Teacher, o alumnado de 5º interpretou algunhas panxoliñas tradicionais de Nadal.

.......................LAST CHRISTMAS....................

io En apoio ao noso proxecto " Galicia polo Mundo"
 non podía faltar unha panxoliña dos Beatles en inglés:

…………………..HAPPY CHRISTMAS……………….

  …...........… LET IT SNOW………..........

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Algúns dos momentos das interpretacións
 que no IES ILLA DE TAMBO tivemos ocasión de ver.

 
Recoñecemos nalgunhas das fotos a moito do noso ex alumnado, que noutros nadais cantaba connosco as panxoliñas.




GRAZAS A TODAS POLO VOSO ESFORZO

FELIZ NADAL!!!

viernes, 13 de diciembre de 2024

Panxoliñas no EEI O GRUPO

 INTERCAMBIO DE PANXOLIÑAS
NO EEI O GRUPO

Outro Nadal de visita na 

Escola de Educación Infantil O Grupo de Marín.

Saímos andando polas rúas da nosa vila para desfrutar 

dunha actividade de Nadal no centro adscrito de O Grupo.


Algúns dos momentos durante a nosa visita ao EEI O Grupo.
Moitas Grazas pola merenda.


Presentaron Leire e Ainhara de 6º

Como colexio plurilingüe non podían faltar 
as panxoliñas en inglés:

…………………..HAPPY CHRISTMAS……………….

.............. LAST CHRISTMAS …e … LET IT SNOW………..........

Para rematar cantaron:…..WE ARE THE WORLD………………



Outro coro mixto formado 
por alumnado da clase de Relixión e alumnado de P.C.
 compartiron a ilusión pola tradición de cantar panxoliñas
entoando as panxoliñas:

Moitas Grazas a todas as profesoras

 que cada ano preparan as actuacións 

co alumnado de Infantil do Grupo

fixéronnos pasar unha mañá moi máxica.