Mostrando entradas con la etiqueta radio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta radio. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de mayo de 2025

Visita á Radio Pontevedra

ESTUDIOS RADIO PONTEVEDRA


 Hoxe os alumnos de 6º do noso centro  visitaron
 os estudos de Radio Pontevedra 
para seguir aprendendo do proxecto 
Radio Escolar-Premios Hermida, cun taller de radio, 
onde ademais puideron participar en directo coa compaña de María Ramallo a alcaldesa de Marín.


Moi boa experiencia!!

lunes, 27 de febrero de 2023

Kopa Deportes. Programa Nº 3

Neste terceiro Kopa Deportes trouxemos como invitado especial a Manuel González García, adestrador do Marín Futsal que amablemente contestou a tódalas preguntas que tiñamos preparadas para el.

miércoles, 15 de febrero de 2023

martes, 14 de febrero de 2023

Kopa Deportes en Radio Sequelo

Primeira Emisión de Kopa Deportes o primeiro programa deportivo da Radio Sequelo, realizado polos alumnos de 6º nun día moi especial, o día mundial da radio.  Un programa que nace para perdurar e como eles din na súa cuña.  ESCOITA XA!!

miércoles, 1 de febrero de 2023

Radio Paz 2023

Polo "Día da Paz" os alumnos de 6º crearon varios programas centrados na Paz con cadansúa cuña, do que este elaborado por Uxía, Ramiro e Aylen, con Enzo e Marcos aos controles é un  exemplo.

domingo, 23 de mayo de 2021

"Semana das Letras Galegas 2021"

Deixámosvos esta recompilación das actividades realizadas na "Semana das Letras Galegas 2021" dedicada a Xela Arias. (Desprazádevos para abaixo na barra lateral dereita para velas todas; clicande no cadrado para velas a pantalla completa.) 

miércoles, 19 de febrero de 2020

Día Mundial de a Radio: "Historia e diversidade"

O pasado 13 de febreiro celebramos o "Día Mundial da Radio".
Dende Radio Sequelo gravamos un programa especial no que comezamos cunha breve historia da radio e rematamos cun poema sobre a diversidade elaborado por unha mestra nalgún lugar do mundo...

lunes, 10 de febrero de 2020

"Día Mundial de a Radio", 13 de febreiro

Para conmemorar esta data deixámosvos un enlace á aplicación Radio Garden, unha aplicación que permite sintonizar todas as estacións de radio do mundo emitidas por internet, marcadas con un punto verde encima de un mapa. 
Movendo o globo terráqueo podedes desplazaros polos distintos lugares do mundo.
https://radio.garden/listen/radio-cadena-ser/X7Durd0J
Radio Garden é un proxecto interactivo desenvolvido polo Instituto Holandés para o Son e a Visión en cooperación con seis universidades de Alemania, Holanda, Dinamarca e Reino Unido.
Se queredes saber máis sobre Radio Garden clicade nestes enlaces.
Este ano a UNESCO fai un chamamento a todas as emisoras de radio para defender a diversidade, tanto nas súas redaccións como nas ondas radiofónicas. 
Se queredes saber máis sobre o "Día Mundial de a Radio" ou sobre a historia de a radio aquí tamén podedes consultalo:

miércoles, 13 de febrero de 2013

Día Mundial da Radio

Hoxe 13 de Febreiro celébrase o Día Mundial da Radio.


Se queredes saber máis sobre a radio, só tedes que pinchar enriba da imaxe.