Mostrando entradas con la etiqueta PDI "Chegamos a bo porto". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI "Chegamos a bo porto". Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de febrero de 2020

Día da Paz e a non Violencia 2020

Este ano conmemoramos o "Día da Paz e a non Violencia" enchendo os corredores, con barquiños cargados de desexos de PAZ, completando o lema "Ao noso porto chegou un barco cargado de..."
O día 30 xuntámonos todos no pavillón para ler un manifesto que elaborou o alumnado de sexto curso; rematamos cantando e bailando o "Baile da Paz" de Mamá Cabra; e facéndonos o firme propósito de que estes desexos se convertan en realidade todos os días do ano.

miércoles, 22 de enero de 2020

"Día da Paz" 30 de xaneiro

Para celebrar o "Día da Paz" este ano propoñémosvos, en relación co PDI "Chegamos a bo porto" a actividade "Ao noso porto chegou un barco cargado de... " na que vos animamos a que completedes esta frase, que se vos dará escrita nun barquiño, cos vosos desexos de Paz. Recollerémolos todos en murais polos corredores.
Para a celebración conxunta de todo o colexio propoñémosvos cantar e bailar o "Baile da Paz" de Mamá Cabra. 
Deixámosvos a coreografía que fixeron o alumnado do CEIP "A Gándara" de Monforte de Lemos, que xa antes tiveron a mesma idea que nós para a celebración desta data; ao que aproveitamos para agradecerlle que se adiantaran aforrándonos así o traballo de crear unha nova.

martes, 10 de diciembre de 2019

Concurso de "Tarxetas de Nadal" 2019

Como cada Nadal xa temos aos gañadores e finalistas do concurso de "Tarxetas de Nadal 2019", este ano co tema "Chegamos a bo porto",  en relación co PDI que comezamos este curso.
Parabéns a todos e moitas grazas por participar un ano máis.