Mostrando entradas con la etiqueta traballos sobre a paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta traballos sobre a paz. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de febrero de 2020

Día da Paz e a non Violencia 2020

Este ano conmemoramos o "Día da Paz e a non Violencia" enchendo os corredores, con barquiños cargados de desexos de PAZ, completando o lema "Ao noso porto chegou un barco cargado de..."
O día 30 xuntámonos todos no pavillón para ler un manifesto que elaborou o alumnado de sexto curso; rematamos cantando e bailando o "Baile da Paz" de Mamá Cabra; e facéndonos o firme propósito de que estes desexos se convertan en realidade todos os días do ano.

viernes, 24 de enero de 2020

Día da Paz 2020, "Mulleres pola Paz"

Para aqueles que vos animedes a profundizar un pouco máis no tema da "Igualdade e a Paz" propoñémosvos que investiguedes algunhas mulleres que traballaron ou seguen traballando pola Paz, para o que deixamos varias suxerencias e enlaces que vos poden ser útiles.

Mulleres pola Paz
Mulleres galegas pola Paz
  • Isabel Zendal (Primeira enfermeira en misión internacional).
  • Sofía Casanova (A primeira corresponsal de guerra.
  • María Barbeito (Pioneira da renovación pedagóxica).
  • Ana Soto (primeira traballadora social de Galicia. Fábrica Masó)
Máis información:
Os traballos presentaranse en formato cartulina e expoñeranse polos corredores, cada clase explicará o que aprendeu da figura traballada ás demais clases que o desexen.

viernes, 27 de enero de 2017

Acrósticos pola PAZ. Sexto A.

Como actividade previa á celebración do "Día da Paz", o alumnado de Sexto A compuxo estes acrósticos. Se os queredes ver e ler con máis detidamente estarán expostos polos corredores.

jueves, 31 de enero de 2013

Manifesto do Día da Paz

Os alumnos de 6º curso elaboraron este manifesto, que se leu na celebración do Día da Paz. Algún ata se atreveu a falar da Paz con poesía. Bo traballo rapaces!