Mostrando entradas con la etiqueta "Adopta un libro". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta "Adopta un libro". Mostrar todas las entradas

viernes, 8 de junio de 2018

Creación do rincón "Adopta un libro"

Despois de que todos pasarades pola biblioteca e adoptarades un libro como vos propuxo Birlo coa actividade"Adopta un libro", aínda quedaron moitos sen adoptar, así que con todos eles creamos o rincón "Adopta un libro" polo que poderedes pasar sempre que vos apeteza levar un destes libros para as vosas casas. 

sábado, 26 de mayo de 2018

O río dos libros: Resumos dos libros adoptados

Despois de realizar a actividade "Adopta un libro" e construír o mural "O río dos libros", algúns alumnos animáronse a contarnos de que trataba o libro que adoptaron.

jueves, 17 de mayo de 2018

Día do Libro 2018. "O río dos libros"

Despois de adoptar un libro con motivo do Día do Libro, realizamos a actividade "O río dos libros" que consistiu en cubrir unha ficha en forma de libro na que debiamos poñer uns datos do libro adoptado: Título, autor, data de publicación, editoria, tema do libro e un pequeno resumo. Recopilamos todas as fichas nuns murais en forma de río aos que titulamos "O río dos libros".
De paso aproveitamos para facer unha actividade de formación de usuarios, xa que cada aula tivo as cores máis axeitadas á súa idade sgún a CDU.

miércoles, 25 de abril de 2018

Día do Libro 2018: "Adopta un libro"

Con motivo do Día do Libro esta semana estivemos realizando a actividade que nos propuxo Birlo "Adopta un libro". Todos os nenos e nenas escolleron un libro dos que xa levaban moito tempo con nós para darlle unha nova oportunidade nas súas casas.
A segunda parte da actividade consiste en cubrir unha ficha na que nos piden uns datos que debemos atopar no libro que levamos.

lunes, 16 de abril de 2018

Birlo volta ao Sequelo

Con motivo do Día do Libro o próximo 23 de abril "Birlo", a mascota da Biblioteca, voltou ao colexio, estes días anda visitando as aulas e corredores presentando a actividade "Adopta un libro" na que nos propón adoptar un libro dos que xa están un pouco velliños para levalo ás nosas casas.
Clicando na imaxe ou no enlace teredes acceso á carta que xa lestes nas clases.
https://drive.google.com/file/d/1a0gCVHunEYH7cF-52twflug8W_kvMe4L/view