Querendo relacionar co noso Proxecto "40 Anos de Escola" a celebración do Día do Libro, propuxemos a todo o alumnando a realización dun conto titulado "Unha viaxe no Tempo". Para confecionalo debían responder a cinco preguntas dadas:
Hai 40 anos chegou ao Cep Sequelo...
Foi a...
Alí atopou a...
Que lle dixo...
Todos xuntos...
Coa fin de que se puideran intercambiar, así sairon algunhas historias con sentido, outras absurdas, outras divertidas, outras que parecían reais... Aquí deixamos unha pequena mostra de todos os cursos.
Dentro do proxecto que estamos a traballar "40 Anos de Escola" estes días estivemos traballando algunhas áreas con materiais antigos. Ademais disto os nenos e nenas de 6º A, axudados pola súa titora, quixeron rendirlle unha pequena homenaxe con este mural á famosa "Enciclopedia", coa que estudaron moitos dos nosos pais e avós. Moitos deles non se resistiron a facer unha foto deste xeito.