Mostrando entradas con la etiqueta Día da biblioteca 2017. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da biblioteca 2017. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de octubre de 2017

Exposición para o Día das bibliotecas 2017. "Aprender a pensar coa biblioteca escolar"

Como xa sabedes este ano o tema para conmemorar o Día das Bibliotecas é "Aprender a pensar coa biblioteca escolar", para o que preparamos esta selección de materiais.
Desde o luns podedes visitar a exposición con estes materias que nos pareceron interesantes para celebrar esta data; e se vos animades intentade resolver o cuestionario que vos propoñemos co fin de "aprender a pensar".



Pensa según o título. Que libros terías que consultar se queres saber…
1._ Como coidar o teu corpo?
2._ Cales son as causas do cambio climático?
3._ Como ser un bo peon e conductor?
4._ Cousas curiosas do noso planeta?
5._ Que actitude debo ter coas demais persoas (amigos, familia…)?
6._ Que facer co lixo para axudar a non contaminar?
7._ Cales foron os animais máis antigos que habitaron o planeta?
8._ Como é e como vive a xente de paises distintos ao noso?
9._ Que actitude debo ter na escola?
10._ Que animais viven na auga?
Ten en conta que para unha mesma pregunta pode haber máis de un título.

lunes, 2 de octubre de 2017

Outubro mes da biblioteca "Aprender a pensar coa biblioteca escolar"

Un curso máis iniciamos as actividades da biblioteca celebrando o Día da Biblioteca, o próximo 24 de outubro, este ano o lema proposto é"Aprender a pensar coa biblioteca escolar".
O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual. 

Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir.